Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cedeira

Castro Sarridal

Imaxe
Dende o 2017, ano tras ano, en sucesivas campañas arqueolóxicas este castro do Sarridal da Idade do Ferro vai amosando os seus tesouros. O concello de Cedeira é un exemplo a seguir nesta iniciativa de recuperación dos vestixios do seu pasado. Gústanos ir cada ano para ir vendo o avance das excavacións.

Costa de Cedeira

Imaxe
A costa de Cedeira é unha das marabillas do norte de Galicia. Nesta ocasión un paseo en coche dende a aldea de Trasmonte ata o mirador de Purrido .

A carón do río Condomiñas

Imaxe
Na fermosa vila de Cedeira está esta fermosa senda fluvial a carón do río Condomiñas , perfecta para un paseo cómodo de baixa dificultade para todas as idades. Con marea alta, a desembocadura está moi fermosa. As imaxes falan por si soas. Cedeira tamén é un paraíso!

Costa de Cedeira

Imaxe
Seguindo coa costa Ártabra , desta volta achegámonos ata Santo Antón de Corbeiro para percorrer parte da costa de Cedeira , dende este miradoiro ata moi preto de punta Candieira . A entrada da ría, a praia de Vilarrube e a súa costa, os solpores espectaculares,...dende este miradoiro,sorprenderánnos. Seguimos costeando ata a aldea de Trasmonte , por esta estreita estrada sobre cantís espectaculares. Chegamos moi preto do faro de Punta Candieira e subimos ata o miradoiro de Purrido , para disfrutar da beleza da Costa Ártabra neste concello de Cedeira . Fermosa tarde de marzo!

Verán de S. Martiño

Imaxe
Este ano o verán de S. Martiño , eses días cálidos que adoitan darse arredor do 11 de novembro, foi longo e caloroso. Gozamos dun tempo espléndido que nos facía esquecer o outono, case parecía verán. Un día aproveitamos para achegarnos ata a cala Sonreiras e dende o seu mirador contemplar a entrada da ría de Cedeira . O banco de madeira convidábanos a sentar nel e disfrutar do marabilloso tempo e o espectáculo que tiñamos ante os nosos ollos. Aproveitamos tamén para ver os avances deste ano no castro do Sarridal.

Miradoiro Cruceiro de Teixidelo.

Imaxe
O miradoiro do cruceiro de Teixidelo é un dos moitos miradoiros que rodean S. André de Teixido , na serra da Capelada . Coma en todos eles, as vistas son magníficas: a un lado a aldea de S. André, ao outro Punta Herbeira cos cantís máis altos da Europa continental, e baixo eles a praia de Teixidelo, a única de non orixe volcánica con areas negras. E o océano inmenso bañando todo este entorno, uns días en calma e outros furioso. Aquí, a uns metros do cruceiro, atopamos unha placa recordatorio dun episodio da II Guerra Mundial, cando a aviación alemana atacou unha pequena aeronave británica, con 17 persoas que perderon a vida nesta costa. Entre elas o famoso actor británico Leslie Howard . Este miradoiro é unha parada obrigatoria!

Miradoiro Chao do Monte

Imaxe
Unha escapadiña ata A Capelada , en calquera época do ano cun día craro, é unha boa idea. Neste caso ata o miradoiro en Cedeira de Chao do Monte . Cos 360m de altura deste miradoiro, as vistas impresionantes do Atlántico, S. André de Teixido, os cantís de Herbeira, o xardín pétreo no miradoiro,... Unha gozada de paraíso en febreiro !