Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Miño

Ruta dos muiños do río Medio

Imaxe
Esta pequena senda de pouco máis de 1Km a carón do río Medio , afluente do Lambre , é unha desas camiñatas que hai que repetir cada pouco. Podemos iniciala dende a antiga minicentral de Güimil e será ascendente ou dende a capela da Nosa Sra. de Guadalupe e daquela será descendente. Nós sempre a facemos ascendendo primeiro e facer a volta costa abaixo. De calquera xeito é unha desas sendas que impactan pola súa beleza: a bóveda de especies arbóreas que nos envolve, o son da auga río abaixo acompañando o noso andar, o chío dos paxaros, as bolboretas e libeliñas, os fieitos e outras plantas,...un PARAÍSO. E ademais o conxunto etnográfico dos muiños á beia do río que nos falan de tempos pasados cando estaban en pleno funcionamento.

Fraga do Xarío

Imaxe
A senda do río Xarío no concello de Miño , situada entre a vía do tren, a praia e unha grande urbanización, é un fermoso paseo polo bosque de ribeira do Xarío . Os bosques de ribeira ou bosques en galería, nas zonas máis húmidas de Galicia non discordan das fragas. Son importantes ecosistemas de transición para a flora e a fauna e un dos de maior biodiversidade. Ademais de poder observar a riqueza da flora e da fauna, da melodía da auga que nos acompañará todo o camiño, tamén atoparemos algúns vellos muiños que nos recordan a importancia da auga, ese ben tan preciado que é tan abondoso na nosa terra, pero que non por iso debemos descoidar. Un baño de bosque e natureza que sempre senta ben!

Muiño de vento de Boucelo

Imaxe
Galicia foi tamén terra de muiños de vento; chegou a haber arredor de 120, mais na Mariña foron escasos. No alto do concello de Miño, na parroquia de Bemantes, está o muiño de vento de Boucelo. Este muiño foi construido no 1840 e so funcionou unhas décadas, quedando abandonado ata a súa recuperación. Normalmente estes muiños eran dun so dono que tiña o dereito de "maquia" por moer. Según recolle Begoña Bas, en Ares tivemos dous muiños de vento; un no castro do Alto da Pena e outro no lugar do Muiño de Vento preto da Seaña. Non queda nada de ningún deles. Restos dos muros do que estaba no Castro aprécianse nalgunha foto antiga, e recordos do que contaban os avós, pero máis nada. Unha mágoa! ( Boucelo:bouza ou monte pequeno)

Ruta dos muíños do río Medio

Imaxe
A ruta dos muíños do río Medio, afluente do Lambre está entre os concellos de Miño e Vilarmaior. É unha ruta pequena e bastante doada que discorre nun frondoso bosque de ribeira. Ao longo dela iremos observando varios muíños, pequenas fervenzas, unha pequena minicentral, vexetación e fauna propia das fragas, a capela de Guadalupe no lugar de Vigo coa súa fonte de augasanta, etc. Estupenda camiñata para disfrutar en calquera estación do ano. Paraísos para descubrir!