Fraga do Xarío

A senda do río Xarío no concello de Miño, situada entre a vía do tren, a praia e unha grande urbanización, é un fermoso paseo polo bosque de ribeira do Xarío. Os bosques de ribeira ou bosques en galería, nas zonas máis húmidas de Galicia non discordan das fragas. Son importantes ecosistemas de transición para a flora e a fauna e un dos de maior biodiversidade.
Ademais de poder observar a riqueza da flora e da fauna, da melodía da auga que nos acompañará todo o camiño, tamén atoparemos algúns vellos muiños que nos recordan a importancia da auga, ese ben tan preciado que é tan abondoso na nosa terra, pero que non por iso debemos descoidar.
Un baño de bosque e natureza que sempre senta ben!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso