Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A Palma

Sempre algo novo!

Imaxe
A camiñata A Palma-O Segaño , ou viceversa, cos seus máis de 6Km ida e volta é unha das que repetimos con máis frecuencia, pero non por iso deixa de sorprendernos sempre con algo novo. Onte deixamos o coche a carón do castelo da Palma e o primeiro en chamar a nosa atención foron os moitos narcisos silvestres a ambos lados do camiño. Pouco máis adiante baixamos ata a enseada de Nande . A marea chea cubría ata o borde da ribeira e impedía pisar a area. Xa entrando no concello de Ares , o Merendeiro de Xunconovo sempre tan fermoso, a pesar do deterioro sufrido por actos vandálicos e o paso do tempo. A pequena fervenza do Cabalo completaba co son da auga a beleza deste recuncho. E así disfrutando da camiñata chegamos ata a Punta do Segaño . Un pequeno descanso nun dos bancos do Camiño de Salgueiras para admirar o Golfo Ártabro e volta. É unha ruta magnífica, por iso non é de extrañar que sexa tan frecuentada por camiñantes, corredores ou ciclistas. Paraísos de Bezouc...

Dende O Segaño ata A Palma

Imaxe
Estupenda camiñata de pouco máis de 6Km (ida e volta) entre os concello de Ares e Mugardos . Saíndo da batería costeira de Punta Segaño o camiño permite observar a entrada da ría de Ferrol e as baterías, fortes e castelos que formaban parte do sistema defensivo da mesma. O camiño, case sen desniveis, é moi cómodo para todas as edades e moi frecuentado por ciclistas, corredores ou camiñantes. Á esquerda, o mar e as ribeiriñas que descobre a marea baixa , e á dereita a aba de Montefaro que semella un muro protector desta fermosura de paisaxe. Ao chegar a esta pequena área de descanso (actualmente bastante descoidada) sabemos que deixamos o concello de Ares e entramos no de Mugardos. Pouco despois chegamos ao lugar onde estaba o castelo de S. Martiño, dende o cal se tendía unha forte cadea ata o castelo de S. Felipe, na outra banda da ría, para evitar a entrada de naves enimigas. Hoxe so quedan unhas ruinas. Os Castelos de S. Felipe e da Palma ao fondo, as grandes fortalezas defe...