Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Área Recreativa Santa Isabel

Área recreativa As Veigas

Imaxe
No concello de Outeiro de Rei (Lugo), á beira da confluencia do río Ladra co Miño , atópase esta fermosa área recreativa, tamén coñecida coma Campo de Santa Isabel , por estar moi preto da capela deste mesmo nome. Baixo unha fermosa carballeira e outras árbores de ribeira hai numerosas mesas e bancos, unha piscina fluvial aproveitando a represa do caneiro, e sobre todo o paseo á beira do río, que forma parte da ruta Camiño do Miño , para disfrutar deste entorno fluvial tan magnífico. Paraísos de Galicia!