Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A Bailadora

Entrada da ría de Ferrol

Imaxe
Nunca deixa de marabillarnos a entrada da ría de Ferrol dende o Miradoiro de A Bailadora (en Montefaro-Ares )! A estreita entrada cos seus castelos, o fermoso pobo de S.Felipe , a beleza de Mugardos , a cidade de Ferrol ao fondo,... Si despois nos achegamos ata a batería costeira de Fonteseca , no mesmo monte, poderemos ver tamén a entrada da ría de Ares- Betanzos , e ter unha magnífica perspectiva do Golfo Ártabro .

Miradoiro da Bailadora

Imaxe
En Montefaro , no concello de Ares , a carón da antiga batería antiaérea, está o miradoiro da Bailadora que nos ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Ferrol , cos castelos da súa entrada, Brión e S. Felipe, Mugardos , Fene ,... da ría de Ares con Breamo destacando, e en días de boa visibilidade a Torre de Hércules e as Sisargas alá ao fondo. As ruinas da batería costeira seguen esperando esa posta en valor que merecen e que parece máis próxima según os plans da Deputación. Construida según o plan de artillado de 1897 para a defensa de Ferrol e o Golfo Ártabro, forma parte do extenso sistema defensivo de Ferrolterra, con castelos, túneles, etc. Coincidimos aquí cunha parella portuguesa e pensei no coidado que teñen no país veciño con todo o seu patrimonio. Sentín envexa da boa, chea de admiración polo que fan para manter e conservar en bo estado a herdanza dos devanceiros.