Miradoiro da Bailadora

En Montefaro, no concello de Ares, a carón da antiga batería antiaérea, está o miradoiro da Bailadora que nos ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Ferrol, cos castelos da súa entrada, Brión e S. Felipe, Mugardos, Fene,... da ría de Ares con Breamo destacando, e en días de boa visibilidade a Torre de Hércules e as Sisargas alá ao fondo. As ruinas da batería costeira seguen esperando esa posta en valor que merecen e que parece máis próxima según os plans da Deputación. Construida según o plan de artillado de 1897 para a defensa de Ferrol e o Golfo Ártabro, forma parte do extenso sistema defensivo de Ferrolterra, con castelos, túneles, etc.
Coincidimos aquí cunha parella portuguesa e pensei no coidado que teñen no país veciño con todo o seu patrimonio. Sentín envexa da boa, chea de admiración polo que fan para manter e conservar en bo estado a herdanza dos devanceiros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar