Pola costa de Ares

Nun día de finais de inverno, cun ceo ameazante e algo de temporal no mar, tamén é un bo plan unha camiñata pola costa de Ares. Neste caso saímos dende O Petelo e seguimos a ruta marcada polo concello. Está moi ben sinalada e limpa.
As vistas, non por coñecidas deixan de impactar. É unha verdadeira gozada, tanto con bo tempo coma con este ceo ameazante.
Deixamos atrás as calas de Centeás e Estacas despois de facer pequenas paradas para contemplar o mar.
Chegar á Barrosa implica novas paradiñas para disfrutala dende todos os ángulos. Hoxe a marea chea case non deixaba praia. Seguimos ruta ata o miradoiro Blue Star e dende aquí iniciamos o camiño de volta. Paseo corto, pero magnífico para cargar as pilas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar