Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Senda costeira de Ares

Despedida do 2024

Imaxe
A camiñata de onte, para despedir o ano, foi pola senda costeira de Ares . Esta ruta, aínda que a repetimos frecuentemente, nunca deixa de marabillar. A senda en perfecto estado, unha temperatura estupenda, a ría espectacular,... Que máis se pode pedir?

Senda costeira en Cabanas

Imaxe
A senda costeira da península de Bezoucos é un prodixio da natureza, cheo de tesouros. Unha marabilla que hai que disfrutar e protexer. Un tramo desta senda está no concello de Cabanas , dende río Castro ata a praia da Madalena . A senda está marcada, é doada e ofrece recunchos espectaculares. Podemos ver dende ela todo o interior da ría de Ares , os seus lugares máis pintorescos, disfrutar de solpores perfectos, de pequenas calas dende as que o mar nos convída a mergullarnos nas súas augas,... Seguindo a serpenteante senda pronto chegaremos á praia de Chamoso e nun dos seus extremos, con marea baixa poderemos percorrer a punta Cabalo . Baixo a sombra da arboreda seguimos a senda ata as escaleiras que baixan á praia da Madalena . Si baixamos e recorremos todo o areal, entre ida e volta, faremos unha boa andaina. Paraísos da costa de Bezoucos !

Senda costeira

Imaxe
A senda costeira do concello de Ares , coas súas espectaculares vistas e o seu trazado serpenteante seguindo a costa da península, é unha boa ruta para os afeccionados ás camiñatas e tamén para os ciclistas ou simples paseantes. Onte fixemos unha parte da ruta circular I, dende A Barrosa ata Sta. Mariña e volta por O Penedo , Maiobre , S. Roque e As Mirandas . Non por repetida deixa de marabillarnos coa súa beleza. Os miradoiros,as ribeiras, os cantís, algún piñeiral, os regos de auga que buscan o mar,...O Golfo Ártabro ante nós, neste fermoso día primaveral, móstranos ata As Sisargas . Ao chegar ás ribeiras de Sta. Mariñ a apetece baixar ata elas, pero non é posible. A Cova dos Mouros está inaccesible e os restos do castro de Sta. Mariña cubertos de maleza fanme pensar no castro do Sarridal en Cedeira . Lugar máxico coas súas lendas que nos levan a tempos pasados. Seguimos ruta ata Casa Vella e xa regreso pola estrada dende O Penedo ata A Barrosa .