Senda costeira

A senda costeira do concello de Ares, coas súas espectaculares vistas e o seu trazado serpenteante seguindo a costa da península, é unha boa ruta para os afeccionados ás camiñatas e tamén para os ciclistas ou simples paseantes. Onte fixemos unha parte da ruta circular I, dende A Barrosa ata Sta. Mariña e volta por O Penedo, Maiobre, S. Roque e As Mirandas. Non por repetida deixa de marabillarnos coa súa beleza.
Os miradoiros,as ribeiras, os cantís, algún piñeiral, os regos de auga que buscan o mar,...O Golfo Ártabro ante nós, neste fermoso día primaveral, móstranos ata As Sisargas.
Ao chegar ás ribeiras de Sta. Mariña apetece baixar ata elas, pero non é posible. A Cova dos Mouros está inaccesible e os restos do castro de Sta. Mariña cubertos de maleza fanme pensar no castro do Sarridal en Cedeira.
Lugar máxico coas súas lendas que nos levan a tempos pasados.
Seguimos ruta ata Casa Vella e xa regreso pola estrada dende O Penedo ata A Barrosa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar