Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Praia das Regueiras

Mañá de novembro en Seselle

Imaxe
Novembro está sendo un mes de alertas por ventos e choivas, pero sempre hai calmas entre os frentes que deixan disfrutar dos paseos. Onte tocou ao lado da casa, na praia de Seselle . Os ceos están espectaculares tanto de día cunha luz fermosísima, coma nas noites con auroras boreais ou nos sorprendentes solpores pintados de cálidas e brillantes cores. Afortunados de vivir nun paraíso!

Praia Seselle-O Raso

Imaxe
Cargar pilas cun paseo pola praia é estupendo. Si vives preto dunha, calquera momento é bo para achegarte a ela. O extenso areal da praia de Seselle-O Raso , é un paraíso para camiñantes, corredores ou simplemente paseantes. Ata aos parruliños lles gusta!

A praia de Seselle en febreiro

Imaxe
Un paseo mañaneiro, o sábado pasado, pola praia de Seselle pode resultar un deses magníficos agasallos que podemos facernos a nós mesmos: bo para a saúde tanto física coma mental, gratis e polo tanto bo para loitar contra o consumismo, bo para desconectar das redes e usar o teléfono so para facer fotos, bo para disfrutar das pequenas cousas e da vida sinxela, bo para esquecer as malas novas que parecen ameazar o mundo, ...

Despedindo o verán

Imaxe
A piques de despedir o verán, o paseo matutino pola praia de Seselle avisa da beleza da estación que imos comezar. Ese ceo espectacular, con alternancia de nubes e craros que pintan un lenzo imaxinario de formas cambiantes, os restos das fortes mareas na area, os cambios na vexetación marcados polo final das colleitas e a preparación para o descanso da Natureza,...falan de outono. Outono no paraíso!

A Campa

Imaxe
A praia de Seselle ou da Campa , hai anos estaba ben separada da praia do Raso e da praia das Regueiras ; esta, á sua vez, tamén estaba ben separada da praia do Xuncal en Ares , aínda que con marea baixa pasábase dunha á outra a pé ou con carros que viñan buscar area a Seselle para a construcción. As rodeiras que estes carros marcaron nesas rochas así o atestiguan. As puntas de terra que penetraban no mar separando estas praias foron erosionándose ata case desaparecer. Na actualidade a enseada de Ares , practicamente é esa fermosa cuncha que vemos nas tomas aéreas. Calquera delas é unha boa elección. Paraísos!