Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Oza-Cesuras

S. Nicolao de Cis

Imaxe
Na entrada anterior falaba dunha sinxela e humilde igrexa rodeada dun adro, amplo e coidado, que a revalorizaba e nesta entrada comento o caso contrario. S. Nicolao de Cis , coñecido tamén coma S. Salvador , é unha fermosa igrexa da parroquia de Cis , no concello Oza-Cesuras . Pertencía ao mosteiro dúplice fundado polos condes D. Aloito e Dna. Paterna a finais do s.IX. No s.XII pasou ao conde de Traba, Pedro Froilaz e coa desamortización do XIX desaparecen as instalacións monacais e so queda a igrexa. Este templo gótico foi construido no s.XIV sobre un antigo templo mozárabe do que se conservan poucos restos. Ten planta basilical con tres naves de estilo oxival e a cabeceira de tres ábsides sendo o central máis grande e de planta heptagonal; os ábsides laterais teñen planta pentagonal. Abunda a decoración escultórica e a luminosidade favorecida pola apertura de ventanais e rosetóns. A portada principal está presidida por un rosetón sobre aporta abocinada cuxo tímpano ten a S. Bieito ...

Ruinas do Sanatorio de Cesuras

Imaxe
Hai cinco anos descubrimos estas ruinas, do que ía ser o Sanatorio de Cesuras para enfermos de tuberculose, na parroquia de Bragade, no actual concello de Oza- Cesuras . Durante o Congreso sobre a Tuberculose ( un dos graves problemas sanitarios dos séculos pasados) celebrado en A Toxa e Mondariz en 1925, decidiuse a construción de dous sanatorios para o tratamento da enfermidade: un preto do mar en A Lanzada e outro en media montaña en Cesuras. Coas aportacións de emigrantes a América, do Estado e as recadacións das Festas das Flores da Coruña, iniciábase no 1927, a construción deste sanatorio nunha finca de 200 ferrados. O proxecto do arquitecto Rafael González Villar contemplaba dous pavillóns de dormitorios (separados por sexos) unidos por un edificio coas zonas comúns. No 1930, rematado un dos pavillóns, a obra párase e non chegará a rematarse o proxecto de Cesuras. Somentes chega a concluirse o gran parque que o rodeaba, cos distintos paseos e especies árboreas. Durante dé...