S. Nicolao de Cis

Na entrada anterior falaba dunha sinxela e humilde igrexa rodeada dun adro, amplo e coidado, que a revalorizaba e nesta entrada comento o caso contrario. S. Nicolao de Cis, coñecido tamén coma S. Salvador, é unha fermosa igrexa da parroquia de Cis, no concello Oza-Cesuras. Pertencía ao mosteiro dúplice fundado polos condes D. Aloito e Dna. Paterna a finais do s.IX. No s.XII pasou ao conde de Traba, Pedro Froilaz e coa desamortización do XIX desaparecen as instalacións monacais e so queda a igrexa. Este templo gótico foi construido no s.XIV sobre un antigo templo mozárabe do que se conservan poucos restos. Ten planta basilical con tres naves de estilo oxival e a cabeceira de tres ábsides sendo o central máis grande e de planta heptagonal; os ábsides laterais teñen planta pentagonal.
Abunda a decoración escultórica e a luminosidade favorecida pola apertura de ventanais e rosetóns. A portada principal está presidida por un rosetón sobre aporta abocinada cuxo tímpano ten a S. Bieito e S. Bernardo co Salvador. Vemos tamén un modesto campanario.
Na fachada lateral ten unha fermosa portada cunha escea da Adoración dos Magos.
Esta igrexa foi declarada BIC no ano 1981 e chama a atención o cemiterio que estropea a súa fachada e un lateral, pois ao estar tan próximo á igrexa, estropea a perpectiva da mesma. Mágoa dun adro máis amplo diante da portada principal e nun lateral!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar