Praia do Raso

O Raso é outra das magníficas praias do concello de Ares. Fermoso e moi concurrido areal separado, na actualidade, da praia da Campa ou Seselle por unhas poucas rochas que co paso do tempo e a erosión van desaparecendo. Neste punto houbo unha fortificación costeira que xunto coas da punta de Ares e a de Redes eran as tres baterías construídas no 1757 para a defensa da enseada. Hoxe desaparecida a de Seselle ao ir comendo o mar a costa, podemos visitar a de Redes e a de Ares, cuberta de maleza, esmorece na punta da costa. Pola outra banda, a praia remata no illote do Mourón e con marea baixa chegar ata alí polas rochas, é toda unha experiencia.
Estupenda opción para disfrutar dun día de praia, ou para correr, pasear, desconectar,... Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

A Campa

O mar de Loiba

O bosque fósil de Seselle

Pola costa de Ares

Recunchos

A escola de Seselle

Miradoiro de Augas Caídas