Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Muiño de Ferreñas

A carón do río Baxoi

Imaxe
Desta volta achegámonos a carón do río Baxoi na área recreativa do muiño das Ferreñas(Vilarmaior) . O río aquí tamén desbordou días atrás e agora aínda vai bastane medrado. Esta área recreativa ten o pequeno muiño do s.XVIII , un fermoso lavadoiro, pequeno parque infantil e dúas amplas zonas con mesas, bancos e barbacoas. Magnífica área para descansar despois de recorrer as sendas do val de Doroña .

Muiño de Ferreñas

Imaxe
No concello de Vilarmaior, á beira do río Baxoi, atopamos este muiño recuperado xunto cun lavadoiro. Rodeados dunha fermosa área de recreo con merendeiro, barbacoa, pequeno parque infantil, aparcadoiro e sendas para camiñar, resulta ideal para pasar unhas horas no lugar. Construído a finais do XVIII muiñou continuamente ata o 1975. Pertencía a 16 casas e tiñan os turnos ou roldos para moer. Moía fundamentalmente millo e centeo, o trigo en menor medida. Os muiños son un dos elementos máis abundantes na arquitectura popular de Galicia. Atendendo á súa propiedade poden ser de aparcería, construídos e utilizados por un grupo de persoas con dereitos e deberes de mantemento, e os de maquía cando o servicio facíase a cambio dunha parte da muiñada. Merece a pena unha visita en calquera época do ano, pero nun día caloroso de verán é un paraíso.