Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Castros

Monte Ancos

Imaxe
Polos historiadores romanos sabemos que estes chegaron a Galicia uns 150 anos a.C., e que, pouco a pouco, foron invadindo todo o territorio aínda que a cultura castrexa durou ata os séculos III- IV d.C.. Estes historiadores romanos describen a nosa costa coma unhas terras surcadas por varios ríos e habitadas polos ártabros . Estrabón fala do "Portus Magnus Artabrorum" . O xeógrafo Pomponio Mela menciona o río Ivia(Xubia) e tanto el coma Ptolomeo sitúan por esta zona de Ferrolterra a cidade de Libunca , o poboado ártabro máis importante desa época. A posible ubicación desta antiga cidade, da que hai moitas referencias, pero ningunha certeza do seu lugar exacto podería ser, según varios autores, o castro do monte Ancos , no concello de Neda . Esa "antiga cidade do monte" da que falan textos medievais, actualmente está moi destruida. Os poucos restos que quedan, entre eles as dúas murallas, están ocultos por terra e maleza. Nos anos 70 do século pasado aínda o...

O Mourón

Imaxe
O illote do Mourón limita a enseada de Ares que dende a Punta do Castelo ata O Mourón forma ese arco perfecto de case 3Km de lonxitude con praias e calas de gran beleza. Este illote, remate da Punta Mourón, ten un pequeno itsmo que con marea baixa permite acceder a el. Nesta punta está o castro de Punta Mourón do s.II a.C. cuberto de maleza e dun pequeno bosque. A península na que se asenta aparece defendida polos cantís de máis de 20m de altura e no itsmo por unha segunda defensa. O nome do Mourón , pode ter relación co Mouro , ese ser da mitoloxía galega que habitou os monumentos antigos, ocultando neles as súas riquezas. Moi preto do Mourón , na Punta de Agra , según a lenda estaba a cova do tesouro. Mitos e lendas en Galicia son moi abundantes. Na mesma enseada estaba o castro do Alto da Pena , no que tamén houbo séculos despois un muiño de vento, ambos desaparecidos. No concello de Ares , houbo moitos castros, algúns desaparecidos e outros esquecidos que indican que f...

Castro do Sarridal

Imaxe
O Castro do Sarridal , en Cedeira , é un dos asentamentos castrexos máis importantes do noroeste galego. Abarca a península do Sarridal e no seu itsmo presenta un sistema defensivo con dous profundos foxos e dúas murallas de gran monumentalidade. Ademais tiña un sistema de torreóns defensivos unidos ás murallas para reforzalas. Ao estar rodeado de altos cantís polo entorno da península, era inaccesible por mar. Foi un asentamento bastante grande; calcúlase que puido albergar preto do medio millar de persoas, que vivían da pesca, caza e agricultura. O elememto arquitectónico máis destacado, do que está ao descuberto, é o forno, edificio adicado aos baños de vapor. A datación por Carbono 14 indica que é de arredor do 230 a.C., polo tanto anterior á chegada dos romanos; sería unha sauna totalmente castrexa. En Galicia (de momento) hai só 5 edificios deste tipo. No panel explicativo hai abundante información da estructura e funcionamento destas saunas. Nas sete campañas arqueolóxicas, ...