Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A Xunqueira

Outubro na Xunqueira

Imaxe
A Xunqueira de Ares , ese pequeno humidal que temos no noso concello, é un tesouro natural que disfrutamos e debemos coidar. Agora, en outubro, coas árbores espíndose de follas e alfombrando as pasarelas, as cores de tonalidades cálidas que falan de outono, está ben fermosa. Dar un paseo por ela, sentarse nun dos seus bancos a observar e escoitar, facer un boceto ou ler, charlar ou facer fotos,... Paraísos a carón da casa!

Pola Xunqueira e Pedrós

Imaxe
En Ares temos marcadas unhas rutas polo concello ben fermosas, con vistas espectaculares da ría, que nos permiten disfrutar da costa, coas súas calas, ribeiras, cantís, baterías costeiras, etc. Delas xa hai varias entradas no blog. Hoxe quero mostrar esta pequena ruta ( O Alto da Pena - Camiño das Balsas - A Xunqueira - Pedrós ), que aínda que non é ruta oficial, é unha camiñata con moitos atractivos. Na Xunqueira , por exemplo, ao recorrela podemos disfrutar observando a flora e a fauna. Ao chegar ás instalacións deportivas de Pedrós deixamos a beirarrúa e seguimos polo camiño arriba ata Pedrós . Este camiño tamén nos ofrece outras posibilidades: seguir ata o Alto de Simou , coller unha desviación a Besoxo ,... Dependerá do longa que queiramos facer a camiñata. Paraísos de Ares.