Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cruceiros

De S. Roque a S. Roque

Imaxe
Unha parte moi importante do patrimonio de arquitectura relixosa da nosa terra está constituido polos centos de ermidas e capelas que podemos atopar espalladas polas catro provincias. No recuncho máis inesperado, atopamos unha pequena xoia e arredor dela posiblemente algunha lenda que forma parte desoutro tesouro inmaterial da nosa cultura. As capelas adicadas a S. Roque son moi abundantes e de dúas delas trata esta entrada: S. Roque de Cedeira e S. Roque do Val nas Pontes. A ermida de S. Roque de Cedeira está na parroquia de Regoa , no cruce do Camiño Real coa vía que unía Porto Cabo con S. André de Teixido, a 350m de altura no lugar O Toxo . Fundada por Simón de Aneiros no XVII según consta na inscrición, é sinxela pero, o seu entorno coa fonte, as árbores, o rego de auga, etc. revalorízaa. S. Roque do Val , na parroquia pontesa de Goente , estaba no val de Seoane, na aldea desaparecida hai anos pola explotación da mina de lignito de Endesa, convertido en escombreira e ...

Sta. María de Labrada

Imaxe
A igrexa de Sta. María de Labrada , en Guitiriz , pode pasar case desapercibida por estar medio escondida no seu entorno. É unha igrexa rural de orixe románica, reconstruída entre finais do XVII e principios do XVIII, que garda un tesouro no seu interior: uns frescos góticos de finais do XV- principios do XVI que se descubriron nos anos 90. Esta igrexa é o unico que se conserva do antigo mosteiro medieval coñecido coma A Granxa. Según un documento do s.XII, Fernando II de León, donaba A Granxa de Labrada ao mosteiro de Monfero. No muro Sur consérvase a porta primitiva. A carón das escaleiras que baixan ao adro, hai dous fermosos cruceiros. Ante a sinxela beleza da igrexa, chama a atención o cemiterio neo-gótico , cos fermosos pináculos labrados en pedra polos canteiros da Terra Cha.

S. Vitorio de Cambás

Imaxe
A pequena ermida de S. Vitorio de Cambás, na Serra da Loba en Aranga, nos límites con Monfero, está erixida nunha necrópole megalítca posiblemente para cristianizar un lugar de culto pre-cristián no castro e as mámoas que hai nos arredores. De pequenas dimensións, forma rectangular, ten un pequeno espazo cuberto na parte frontal. A uns metros, sobre unha rocha, está o cruceiro apoiado nunha plataforma de tres bancadas, coas figuras de Cristo e a Virxe. Parece ser que no 1560 foron erixidos ambos por algunha persoa devota do santo. Nas proximidades, sobre un gran afloramento rochoso, está a pena coa pegada do Pé de Rolán e o seu cabalo. Rolán, según a lenda, sobriño e cabaleiro de Carlomagno, aparece nun amplo corpus lendario, en varias ducias de lugares de Galicia e de España. Non moi lonxe, en Guitiriz, hai outras penas con lendas relacionadas con este heroe mitolóxico, que no imaxinario era un xigante. Lendas no paraíso!

Sta. María de Xerdiz

Imaxe
A igrexa parroquial de Sta. María de Xerdiz , no concello de Ourol , xunto coa vella reitoral, o cruceiro, o campo da festa e o cemiterio indiano , forman o núcleo da parroquia. A igrexa do s.XVIII é de planta de cruz latina con tres naves e unha espadaña con dúas campás. O cruceiro é do s. XIX e o coñecido como cemiterio indiano, porque 64 indianos de Cuba pagaron máis do 70 por cento do seu custo, foi construido no 1908. A carón da igrexa, está a antiga reitoral en estado de abandono, pero mostrando aínda a súa beleza. O campo da festa completa este conxunto parroquial, mudo testigo da vida dos habitantes desta parroquia. Na calma que rodea este lugar parece que o tempo se detivo e que convida á reflexión. No lugar menos pensado atopamos lugares que merecen atención. Paraísos!