Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

O Freixo

Imaxe
San Xoán do Freixo é unha parroquia do norte do concello das Pontes, a parroquia máis extensa do obispado Mondoñedo-Ferrol, pero moi despoboada na actualidade, con pouco máis de medio cento de habitantes, cando a comezos do século XX tiña cerca do milleiro. É unha parroquia de montaña, co monte Caxado marcando a máxima altura, situada entre os ríos Mera e Sor e atravesada por moitos regos que desembocan nestes ríos. A igrexa parroquial de S. Xoán, que chama a atención polo seu tamaño, foi fundada polos condes de Montenegro no s. XVII. O Campanario forma parte do pórtico que enmarca a porta principal. Frente a igrexa hai un fermoso cruceiro e, a poucos metros, outro máis antigo. Nun muro exterior hai un osario do 1868 cunha inscrición ilexible. Preto da igrexa está o cemiterio vello e a antiga escola fundada no 1928 polos veciños emigrados a Cuba. Pouco máis de media ducia de casas rodean este núcleo no que hai anos celebrábase unha feira mensual e no que na actualidade se

Paseo mañaneiro

Imaxe
O prognóstico do tempo daba auga, pero a mañá estaba espléndida para un paseo pola praia. Este xaneiro está regalándonos días ou momentos solleiros para aproveitar con paseos na natureza. As palabras non abondan para explicar as sensacións que producen estes paseos. Aínda que a teñamos moi recorrida e vista, na praia de Seselle sempre hai algo novo que nos admira ou sorprende. Poder disfrutar deste paraíso é todo un luxo!

Muras: montañas e vales

Imaxe
A paisaxe que atopamos neste concello de Lugo recorda moito ás montañas de Escocia ou de Escandinavia: montes redondeados con grandes superficies de turbeiras ou de uceiras, gando do monte vivindo en liberdade e fermosos vales onde se asentan pequenos rueiros semiabandonados. Estes montes expostos á xistra( chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido) están cubertos de neve ou de néboa moitos días do ano. Muras é a terra dos tres ríos: Eume, Sor e Landro que nacen nestas serras e reciben as augas doutros múltiples ríos máis pequenos e regos que baixan dos cumes ata os vales. Otear o horizonte dende estas paraxes é todo un espectáculo que nunca deixa de sorprender e emocionar.

Estacas en xaneiro

Imaxe
Aproveitar un marabilloso día de xaneiro, despois dunha semana de temporal, para dar un paseo pola costa de Ares é unha boa elección. Achegarse ata praia de Estacas é un magnífico colofón a unha tarde que semella primaveral. As escaleiras para baixar á cala parecen convidarnos ao paraíso. O areal en inverno cheo de restos que trouxo a marea, o silencio roto polas ondas, a soidade,... recorda unha praia virxe. Ares está cheo de praias e calas fermosísimas para visitar e disfrutar. Saúde física e emocional con estes paseíños. (Estacas: do gaélico STAC- acantilado).

Campelo en inverno

Imaxe
Unha chea de abraiantes sensacións na contemplación dunha praia nun día invernal. A forza da Natureza manifesta na bravura do mar rompéndose en fortes ondas contra a praia e os cantís, no zoar do vento contra a costa,... Nada que engadir, baixar á praia e sentir.

Praia do Río

Imaxe
No concello de Valdoviño a costa de Meirás está chea de calas ou pequenas praias de area moi fina e de forte ondada, nas que o Atlántico bate e forma recunchos espectaculares. A praia do Río é a máis grande de Meirás e está atravesada polo río S. Vicente que despois de cruzar a pequena xunqueira, busca o mar. Nos días solleiros de inverno, pasear por ela é un pracer. A praia solitaria, o río medrado correndo ao encontro do océano, as ondas batendo forte na costa, o arrecendo do mar e dos piñeiros, un cormorán secándose ao sol,... A felicidade está nas pequenas cousas! </div