Estacas en xaneiro
Aproveitar un marabilloso día de xaneiro, despois dunha semana de temporal, para dar un paseo pola costa de Ares é unha boa elección. Achegarse ata praia de Estacas é un magnífico colofón a unha tarde que semella primaveral. As escaleiras para baixar á cala parecen convidarnos ao paraíso. O areal en inverno cheo de restos que trouxo a marea, o silencio roto polas ondas, a soidade,... recorda unha praia virxe.
Ares está cheo de praias e calas fermosísimas para visitar e disfrutar. Saúde física e emocional con estes paseíños.
(Estacas: do gaélico STAC- acantilado).
Comentarios
Publicar un comentario