Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lendas

Pico da Ferreira

Imaxe
O Pico da Ferreira ou de S. Vicente está na parroquia de Ferreira en San Sadurniño . No medio do val do río Grande de Xubia e cunha altura de 355m é un excepcional miradoiro natural que nos permite ver unha panorámica de 360º do val do Xubia, dende Pedroso ata Moeche . No cume atópanse uns penedos nos que hai un sartego antropomórfico escavado na rocha e mais unha cazoleta, cunha posible orixe altomedieval vencellado á existencia dun templo, hoxe desaparecido, e do que no 1125 sábese que foi doado polo señor feudal Pedro Froilaz ao mosteiro de Xubia. Este templo estaría erixido, coma é costume, nun lugar de culto pre-cristián do que se conservaron costumes e ritos ata hai ben pouco. Según conta a lenda, a veciñanza cansa de subir ata a capela de S. Vicente no curuto decidiu levar o santo para a igrexa de S. Paio no val, pero polas noites o santo subía ao pico para durmir na súa "camiña de pedra". Para rematar con estas escapadiñas do santo, decidiron prendelo. Non s...

As tres virxes irmás da Faladora

Imaxe
O Camiño dos Arrieiros é unha vía de comunicación moi antiga entre as bisbarras do Eume e Ortegal . Ao longo dos seus case 50km. hai unha das maiores concentracións de túmulos prehistóricos da península e asentamentos da Idade de Ferro, tardo-romana e medieval; asociados a eles, o número de lendas é ben grande. Unha desas lendas é a das Virxes irmás da Faladora . A Pena Faladora dá nome á Serra Faladoira que vai dende As Pontes ata Estaca de Bares . Arredor desta pena hai tres capelas, perdidas entre montes e vales, unidas por esta lenda das tres virxes irmás: a da Virxe de Portas nos Devesos (Ortigueira) , e as de Pena de Francia e Merlán , ambas no Freixo (As Pontes) . Según a lenda, eran tres mozas castigadas polo seu pai a vivir cada unha na súa capela sen poder verse coas outras; outra variante di que eran tres vellas que non se podían ver do mal que se levaban, e cada unha foi á súa capela para non mirarse máis e como as capelas están en zonas rodeadas de altos cumes, era i...

Sta. Comba

Imaxe
Na parroquia de S. Martiño de Covas , en Ferrol, atopamos esta ermida de S. Comba , que só podemos visitar con marea baixa. Localizada na Insua da Santa ou do Medio, xa os romanos construíron nela un templo, máis tarde cristianizado. A primeira referencia documentada é do s.XII. É unha sinxela ermida románica de planta rectangular , dunha soa nave e espadaña simple. No interior hai un arco mudéxar, testigo da súa antigüidade. Arredor dela hai moitas fermosas lendas. Unha conta que a santa, acompañada do seu fillo S. Silvestre,chega por mar ata aquí, nunha barca de pedra. Curiosa a frecuencia das barcas de pedra nas lendas galegas! A praia de Sta. Comba , a carón do illote, é un areal de fina area branca e magnetita en forma de gravilla negra, ventosa e de forte ondaxe, moi frecuentada polos amantes do surf. Dende aquí hai unhas magníficas vistas dos aguillóns chamados Os Cabalos na punta do cabo Prior , e no outro lado, a praia de Ponzos ,etc. Paraísos de Ferrolterra !

S. Vitorio de Cambás

Imaxe
A pequena ermida de S. Vitorio de Cambás, na Serra da Loba en Aranga, nos límites con Monfero, está erixida nunha necrópole megalítca posiblemente para cristianizar un lugar de culto pre-cristián no castro e as mámoas que hai nos arredores. De pequenas dimensións, forma rectangular, ten un pequeno espazo cuberto na parte frontal. A uns metros, sobre unha rocha, está o cruceiro apoiado nunha plataforma de tres bancadas, coas figuras de Cristo e a Virxe. Parece ser que no 1560 foron erixidos ambos por algunha persoa devota do santo. Nas proximidades, sobre un gran afloramento rochoso, está a pena coa pegada do Pé de Rolán e o seu cabalo. Rolán, según a lenda, sobriño e cabaleiro de Carlomagno, aparece nun amplo corpus lendario, en varias ducias de lugares de Galicia e de España. Non moi lonxe, en Guitiriz, hai outras penas con lendas relacionadas con este heroe mitolóxico, que no imaxinario era un xigante. Lendas no paraíso!

A fonte da Virxe de Chanteiro

Imaxe
Esta fonte está a carón da ermida da Mercé de Chanteiro e ten unha fermosa lenda que as relaciona. Dise que hai centos de anos, alá na Idade Media, uns mariñeiros faenaban unha noite de verán preto da praia de Chanteiro . Viron en terra unha luz moi brillante e achegáronse á praia para ver de que se trataba. Sorprendidos quedaron ao ver que era a imaxe dunha virxe pousada nunha redondeada pedra, a carón dunha fonte. Tempo despois Fernán Pérez de Andrade manda construir a ermida da Virxe da Mercé moi preto da fonte. E continuando coas lendas, a uns centos de metros da fonte, no rego de Pomouro que desemboca na praia de Chanteiro , estaba o muiño de Pardiñas . Os muiños tiveron unha grande importancia na vida cotiá das aldeas e parroquias. Esto orixinou unha gran cantidade de cantigas, contos, lendas, arredor deles. Este pequeno muiño de Pardiñas era de parcería ou de partes, posto que era propiedade de varias familias que tiñan quendas ou turnos para moer. Aínda que pequeno, ten u...

Arboreto de San Sadurniño

Imaxe
O Arboreto galego da Cortiña é un xardín botánico adicado á protección e cultivo das árbores autóctonas. Iniciouse a finais do 2009 co obxectivo de reproducir as sete formacións boscosas máis representativas de Galicia: o souto, a carballeira, a fraga,o bosque de ribeira, o sobreiral, o faial,... Está a carón do paseo fluvial do río Xubia, o pazo da Condesa, o apiario e a horta das árbores froiteiras. Conta tamén cun parque infantil encantado, formado por un feixe de figuras de madeira que fan as delicias da cativería. Unha fantástica aula da Natureza para aprender e disfrutar. Tesouros que debemos admirar e conservar.