Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Baterías Costeiras

Miradoiro da Bailadora

Imaxe
En Montefaro , no concello de Ares , a carón da antiga batería antiaérea, está o miradoiro da Bailadora que nos ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Ferrol , cos castelos da súa entrada, Brión e S. Felipe, Mugardos , Fene ,... da ría de Ares con Breamo destacando, e en días de boa visibilidade a Torre de Hércules e as Sisargas alá ao fondo. As ruinas da batería costeira seguen esperando esa posta en valor que merecen e que parece máis próxima según os plans da Deputación. Construida según o plan de artillado de 1897 para a defensa de Ferrol e o Golfo Ártabro, forma parte do extenso sistema defensivo de Ferrolterra, con castelos, túneles, etc. Coincidimos aquí cunha parella portuguesa e pensei no coidado que teñen no país veciño con todo o seu patrimonio. Sentín envexa da boa, chea de admiración polo que fan para manter e conservar en bo estado a herdanza dos devanceiros.

Dende O Segaño ata A Palma

Imaxe
Estupenda camiñata de pouco máis de 6Km (ida e volta) entre os concello de Ares e Mugardos . Saíndo da batería costeira de Punta Segaño o camiño permite observar a entrada da ría de Ferrol e as baterías, fortes e castelos que formaban parte do sistema defensivo da mesma. O camiño, case sen desniveis, é moi cómodo para todas as edades e moi frecuentado por ciclistas, corredores ou camiñantes. Á esquerda, o mar e as ribeiriñas que descobre a marea baixa , e á dereita a aba de Montefaro que semella un muro protector desta fermosura de paisaxe. Ao chegar a esta pequena área de descanso (actualmente bastante descoidada) sabemos que deixamos o concello de Ares e entramos no de Mugardos. Pouco despois chegamos ao lugar onde estaba o castelo de S. Martiño, dende o cal se tendía unha forte cadea ata o castelo de S. Felipe, na outra banda da ría, para evitar a entrada de naves enimigas. Hoxe so quedan unhas ruinas. Os Castelos de S. Felipe e da Palma ao fondo, as grandes fortalezas defe...

O Segaño

Imaxe
A pequena ruta do Segaño é, sen dúbida, un dos moitos tesouros do noso concello. Saíndo do cruceiro unha pista lévanos ata a batería costeira de Salgueiras de comezos do s.XX. Esta batería, xunto coa de Punta Segaño, que ten a súa orixe a finais do XVIII, foron feitas coa idea de fortificar a entrada da ría de Ferrol e a defensa do Golfo Ártabro do enxeñeiro Juan de la Ferriere. A finais dese século, xa contaba o Segaño con capacidade para 16 canóns e varias dependencias. Na actualidade, estas ruinas cos túneles, emplazamentos dos canóns, etc. poden recorrerse. Sempre con precaución, porque hai zonas perigosas que non están sinaladas. Dende os cantís da Punta o Golfo Ártabro luce espectacular. Segue a ruta ata a praia de Chanteiro polo vello camiño da costa no que as rodeiras dos carros deixaron as súas pegadas. Unha paradiña na Praia Pequena e continuar ata a ermida da Mercé, pequena xoia da segunda metade do XIV, e a súa fonte. Cantos milleiros de persoas as visitarían! ...

Ruta das Baterías costeiras do Cabo Prior

Imaxe
Esta ruta iniciámola no faro e continuamos polas baterías de artillería. O faro é do s.XX e as baterías do s.XIX, mandadas construir por Primo de Rivera para a defensa da base naval de Ferrol. Desmanteladas no 1991, están en estado ruinoso, e parece que por fin isto se vai revertir cun proxecto europeo de recuperación do patrimonio marítimo, militar e industrial. Esperemos velo convertido en realidade canto antes, xa que a ruta é impresionante. Si facemos a ruta con nenos hai que estar atentos.

Montefaro- Segaño

Imaxe
A batería de Montefaro foi construída no XVIII como batería costeira para defensa da entrada da ría de Ferrol e, posteriormente, modificada como batería antiaérea. Composta por varios bunkers, garitas, túneles e outras dependencias; ao recorrelos sempre pensamos na posibilidade de darlle uso a todas esas contrucións abandonadas. As vistas das rías de Ares e Ferrol son magníficas e con días de boa visibilidade podemos ver ata as illas Sisargas. A baixada ata o Segaño hai que facela con coidado xa que o camiño ten moitas pedras e regos dos arrastres da auga. No Segaño atopamos as baterías de Punta Segaño e Salgueiras, tamén iniciadas no XVIII e que estiveron en uso ata ben entrado o XX. Aquí, si a maleza o permite podermos recorrer, con precaución, os túneles, foxo, etc. Seguimos ata a praia de Chanteiro e subimos de novo a Montefaro polo camiño da Casa dos Enxeñeiros a carón do cruceiro de Chanteiro.