O Segaño

A pequena ruta do Segaño é, sen dúbida, un dos moitos tesouros do noso concello. Saíndo do cruceiro unha pista lévanos ata a batería costeira de Salgueiras de comezos do s.XX.
Esta batería, xunto coa de Punta Segaño, que ten a súa orixe a finais do XVIII, foron feitas coa idea de fortificar a entrada da ría de Ferrol e a defensa do Golfo Ártabro do enxeñeiro Juan de la Ferriere. A finais dese século, xa contaba o Segaño con capacidade para 16 canóns e varias dependencias.
Na actualidade, estas ruinas cos túneles, emplazamentos dos canóns, etc. poden recorrerse. Sempre con precaución, porque hai zonas perigosas que non están sinaladas.
Dende os cantís da Punta o Golfo Ártabro luce espectacular. Segue a ruta ata a praia de Chanteiro polo vello camiño da costa no que as rodeiras dos carros deixaron as súas pegadas.
Unha paradiña na Praia Pequena e continuar ata a ermida da Mercé, pequena xoia da segunda metade do XIV, e a súa fonte. Cantos milleiros de persoas as visitarían!
Esta pequena ruta de pouco máis de 3Km. está chea de atractivos. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

A Campa

O mar de Loiba

O bosque fósil de Seselle

Pola costa de Ares

Recunchos

A escola de Seselle

Miradoiro de Augas Caídas