Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Viveiró

Ponte sobre o rego dos Coruxos

Imaxe
Neste serán no que comeza a primavera, esta carballeira a carón do rego dos Coruxos en Muras , aínda ten o aspecto invernal. Quédanlle semanas por diante para encherse de follaxe. A natureza cos seus cambios fálanos de eternidade. Fermosa estación para disfrutar dos paraísos do norte de Galicia! ( Coruxo en galego é unha especie do sollo ou esturión. Debía ser un rego que tiña abundancia deles.)

Por terras altas

Imaxe
Os concellos lugueses de Muras e Ourol son os que máis adoitamos visitar cando nos apetece montaña. Este percorrido de Viveiró ata Xerdiz , seguindo as terras polas que baixa o Landro , facémolo con bastante frecuencia, ben pola estrada CP-3804 ou pola CP-6502. As estradas son estreitas, pero case sen tráfico, e as paisaxes que nos rodean merecen a pena. Pequenas paradas permítennos observar con máis detalle as aldeas e rueiros polos que pasamos. Tesouros do norte de Galicia!

Montes de Viveiró

Imaxe
Da mesma maneira que preciso achegarme á costa, preciso tamén de cando en vez ir á montaña, buscar alturas dende as que otear horizontes. A pouco máis de media hora en coche (dende a casa) está Viveiró , ese pequeno e fermoso lugar de Muras que merecería un proxecto de rehabilitación integral por parte das administracións. Antes de baixar á aldea a panorámica dos montes e vales, onde nace e discorre o Landro , é impactante. A impresión da primeira vez que estivemos aquí, repítese cada vez que vimos. A poucos kilómetros está o nacemento do Eume , en plena Serra do Xistral , onde se xuntan os regos Lamoso e das Toxeiras , na parroquia de Montouto en Abadín . Toda esta serra é de gran beleza e con bo tempo merece andainas polas diversas rutas que teñen marcadas os concellos que nela converxen. Moito que descubrir e admirar. Paraísos das Terras Altas da Serra do Xistral !

Torre de Silán

Imaxe
Hai uns días, polas terras de Viveiró , no concello de Muras , atopamos esta casa na parroquia de Silán . Varios detalles indicaban a súa antigüidade e paramos ao seu carón para observala e facerlle unhas fotos. Despois de buscar información na rede , resulta que é o que queda da torre de Silán , datada entre finais do XIII- principios do XIV. Perdeu a súa forma primitiva e foi adaptada coma casa de labranza conservádose só a parte inferior da torre á que lle engadiron un anexo. O escudo que está na casa lindeira, estaría anteriormente na torre, xa que era máis alta (posiblemente dúas plantas máis). Pertencía a Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela e casada con Rui Díaz de Andrade. Nesta parroquia xa nos chamara a atención noutra ocasión a igrexa, o cruceiro e o cemiterio que están arredor dela e unha fermosa casa trala igrexa, nunha ubicación moi fermosa. Noutro país europeo, este edificio e o seu entorno estarían noutra situación ben distinta. Moito nos queda por mel...