Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O Valadouro

No Xistral

Imaxe
A Serra do Xistral é tan impactante, que cada poucos meses temos que facer unha pequena excursión ata ela. Desta volta percorremos parte da serra do lado leste, hacia a serra da Toxiza . A parte norte estaba cubríndose da néboa tan frecuente nesta serra. Horizontes infinitos, natureza brava, grandes moles graníticas que semellan un parque pétreo, silencio roto polos aeroxeneradores, cabalos e vacas en liberdade,...

Pozo da Onza

Imaxe
Esta fermosa fervenza do Pozo da Onza está no concello lugués de O Valadouro . Podemos achegarnos a ela facendo a Ruta dos Pozos (3km. aproximadamente de ida) dende Ferreira do Valadouro ou acercarnos no coche e facer a pé o tramo final duns 200m. Nesta segunda opción o camiño é doado e mergúllase na frondosa fraga que remata na fervenza duns 15m de altura. Unha gozada!

Paseo polas nubes- O Cadramón

Imaxe
Ás veces, as escapadas son en coche. Neste caso decidimos dar un paseo polas nubes e fomos ata a Serra do Xistral para subir (en coche) ao monte Cadramón. Situado na parroquia de S. Xurxo de Cadramón, no concello do Valadouro, é o monte máis alto do norte de Galicia. Toda a Serra do Xistral merece unha visita. Nela atoparemos rutas marcadas para facer a pé como a ruta da fervenza do Escouridal, a da Pena Abaladoira, o nacemento dos ríos Eume e Ouro, paisaxes incribles que nos deixarán abraiados,...Moito por descubrir. Convén ir con bo tempo, pois son moi frecuentes as néboas espesas que cubren todo.

Fervenza de Torez

Imaxe
No pais dos mil ríos, tamén podemos falar das mil fervenzas. A fervenza de Torez está no concello do Valadouro en Lugo. Hai unha ruta longa dende o lugar de Ferreira do Valadouro ata Santo Tomé de Recaré do Valadouro e dende alí ata a fervenza. Tamén podemos chegar co coche máis preto e facer o tramo final camiñando. A fervenza, duns 20m. de caída, está no rego do Penido Novo e resulta impactante xa que parece que esteamos no medio dunha selva tropical. Totalmente recomendable a visita. Paraísos por descubrir!