Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Paseo fluvial

Paseo dos Soños

Imaxe
Os paseos e sendas fluviais son moi abundantes na nosa terra, e aínda que sexan diferentes pola lonxitude, conservación, etc., a maioría son moi fermosos e resulta un pracer camiñalos. Con estes días de verán de moita calor, pasear á beira dun río é marabilloso. O Paseo dos Soños en Vilalba , a carón do río Madalena , comeza no Muiño do Rañego e discorre á beira do río ata a Ponte dos Freire . A Irmandade Manuel María e a Asociación C. Xermolos iniciaron no 2006 unha homenaxe a varios autores destacados da bisbarra, cunha serie de esculturas colocadas ao longo do paseo. Que gra riqueza temos nos nosos ríos. Que importante é coidalos!

A carón do río Narla

Imaxe
No concello de Friol , a carón do río Narla , está este fermoso paseo fluvial cheo de fermosos recunchos e espazos que aproveitan a beira ro río para o disfrute de veciños e visitantes. Agora no outono está espectacular! Fronte ao Clube Fluvial, nun pequeno outeiro hai unha recreación dun castro galaico, o Castro Friulio , onde no mes de maio as xentes deste concello organizan unha festa de recreación histórica da vida castrexa que é todo un éxito. Moi recomendable!

A carón do Mandeo

Imaxe
Un paseo pola beira dun río nestes días de moita calor é unha delicia. Cos milleiros de ríos e regos que temos en Galicia é doado atopar unha boa senda fluvial. Neste caso, chegamos co coche dende Paderne ata a ponte de Teixeiro sobre o río Mandeo e alí pódese escoller senda río arriba ou río abaixo. E a disfrutar!

Os nosos ríos

Imaxe
Nos días de moita calor un paseo á beira do río, baixo a sombra das árbores de ribeira, é unha gozada. No "país dos mil ríos" temos tantos para elexir que sempre atoparemos unha senda fluvial que nos conveña. Os nosos favoritos son: o Eume , o Belelle , o Xubia , o Castro , o Sor , o Mera , o Mandeo ,...con variadas rutas, sendas, fragas, fervenzas, muíños, áreas recreativas, etc., para disfrutar. Cales son os teus favoritos?

A Fraga Máxica en inverno

Imaxe
A fraga Máxica da Cortiña , no arboreto do paseo fluvial de San Sadurniño , agora no inverno tamén merece unha visita. As árbores espidas, dan todo o protagonismo a eses seres máxicos que 2Duendes crearon con troncos e unha motoserra. Neste circuito de figuras e pasarelas de madeira, os nen@s disfrutarán mantendo o equilibrio, saltando, correndo, escalando, observando bichos e árbores,... Un parque diferente, rodeado de natureza, para pasar unhas horas de disfrute neste magnífico entorno do concello de San Sadurniño .