A carón do río Narla
No concello de Friol, a carón do río Narla, está este fermoso paseo fluvial cheo de fermosos recunchos e espazos que aproveitan a beira ro río para o disfrute de veciños e visitantes.
Agora no outono está espectacular!
Fronte ao Clube Fluvial, nun pequeno outeiro hai unha recreación dun castro galaico, o Castro Friulio, onde no mes de maio as xentes deste concello organizan unha festa de recreación histórica da vida castrexa que é todo un éxito.
Moi recomendable!
















Comentarios
Publicar un comentario