Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Costa Ártabra

Temporal de novembro en Chanteiro

Imaxe
Por que resulta sempre tan atractivo o mar? A súa beleza é case hipnótica; estea en calma ou embravecida observar o ritmo e a forza das súas ondas é un espectáculo prodixioso que lle senta moi ben aos nosos sentidos. Aproveitando o tren de borrascas destes primeiros días de novembro achegámonos ata a praia de Chanteiro para, unha vez máis, ficar abraiados coa panorámica que ven os nosos ollos. " Chanteiro , onde o Atlántico goza" é o slogan que usamos para presumir desta praia e o seu entorno. As imaxes mostran que non é esaxerado!

Costa Ártabra

Imaxe
A costa Ártabra está chea de fermosos recunchos. Hai tanto que ver e descubrir ou redescubrir, que moitos dos nosos paseos son por ela: praias, cantís, areais, lagoas,... Nesta ocasión un anaco da costa de Valdoviño. Paraísos do norte!

A provincia con máis costa

Imaxe
A Coruña é a provincia española con máis km. de costa (máis incluso que toda Andalucía ), co que a cantidade de calas, praias, areais, etc. que ofrece é variada e ben numerosa. Vivindo no concello coruñés de Ares, os paseos pola súa ampla costa son obrigatorios. Ao formar unha península, o mar rodea este pequeno territorio case por todas partes e na súa costa atopamos praias extensas, outras máis pequenas, calas, ribeiras, illotes,... Paraísos escondidos moitos deles!

Campelo

Imaxe
Hai uns días, disfrutabamos dunha primavera solleira que non anticipaba este tempo borrascoso que hoxe nos acompaña. Con bo tempo sempre é un placer achegarse á nosa costa Ártabra e disfrutar das súas praias. Neste caso fomos á de Campelo , á que había tempo que non íamos. O son do mar, a airexa marítima, o espectáculo dos cantís que nos rodean,...Abraiante beleza!

Costeando no cabo Prior

Imaxe
A costa Ártabra é un cofre cheo de tesouros que hai que ir descubrindo pouco a pouco. Na costa norte do cabo Prior , polo estrada que nos leva ata o faro e as antigas baterías costeiras, podemos coñecer algúns destes tesouros. Preto da cetárea está a cala e o pequeno porto da Coba , e máis adiante a pequena cala do Cabaliño . Se gustamos de andar nas ribeiras e descubrir pequenas calas, esta costa é perfecta.

As ribeiras da costa de Ares

Imaxe
O concello de Ares é a punta da península de Bezoucos e tamén é o concello con máis costa dos catro que conforman esta península ( Cabanas , Fene , Ares e Mugardos ). Nesta costa atopamos areais, praias, calas, cons, puntas, illas, ribeiras,... e unha talasonimia moi rica que temos que preservar. O Bonete do Cura é unha cala pequerrecha da costa norte de Ares , na entrada da ría de Ferrol , que ten unha baixada case oculta entre a vexetación, e que case semella unha cala dunha illa deserta. Destas ribeiras contábame a miña avoa que os seus irmáns de mozos collían paxes cheos de marisco nas pozas que deixaba a baixamar; tamén contaba anécdotas de cando viñan o grupo das mariscadoras de Chanteiro ás ameixas do banco marisqueiro preto de castelo de A Palma . Heroínas estas mulleres que se erguían ao mencer, viñan andando dende Chanteiro para pasar a mañá mariscando, vender logo a ameixa e voltar cos cartos no peto, andando outra vez monte arriba, para logo baixar ata C...

Costa de Cedeira

Imaxe
Seguindo coa costa Ártabra , desta volta achegámonos ata Santo Antón de Corbeiro para percorrer parte da costa de Cedeira , dende este miradoiro ata moi preto de punta Candieira . A entrada da ría, a praia de Vilarrube e a súa costa, os solpores espectaculares,...dende este miradoiro,sorprenderánnos. Seguimos costeando ata a aldea de Trasmonte , por esta estreita estrada sobre cantís espectaculares. Chegamos moi preto do faro de Punta Candieira e subimos ata o miradoiro de Purrido , para disfrutar da beleza da Costa Ártabra neste concello de Cedeira . Fermosa tarde de marzo!

Costa de Ladrido-Ortigueira

Imaxe
Esta parte da ría de Ortiguira-Ladrid o non a coñecíamos, e aproveitamos unha escapadiña destes días de Antroido para achegarnos ata Ladrido e disfrutar das vistas: a illa de S.Vicente , o areal de Morouzos , Cariño na outra banda da ría, Os Aguillóns ao pé de Ortegal , os montes de A Capelada ,.. Seguimos costeando ata achegarnos a Espasante . Outra marabilla de pobo costeiro.