Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Valdoviño

Entre borrasca e borrasca

Imaxe
Empezamos febreiro do mesmo xeito que rematou xaneiro: borrascas sucesivas con alertas por vento, precipitacións, etc. Hai que aproveitar as pequenas calmas que hai entre frentes para facer algunha escapadiña e dar pequenos paseos polos arredores. A nosa contorna ben o merece. Aínda que coñecida, sempre hai eses momentos de dicir ou pensar: "Que fermosura!" Neste caso, foi a praia do Río en Meirás a que provocou o comentario.

Costa Ártabra

Imaxe
A costa Ártabra está chea de fermosos recunchos. Hai tanto que ver e descubrir ou redescubrir, que moitos dos nosos paseos son por ela: praias, cantís, areais, lagoas,... Nesta ocasión un anaco da costa de Valdoviño. Paraísos do norte!

Campelo

Imaxe
Hai uns días, disfrutabamos dunha primavera solleira que non anticipaba este tempo borrascoso que hoxe nos acompaña. Con bo tempo sempre é un placer achegarse á nosa costa Ártabra e disfrutar das súas praias. Neste caso fomos á de Campelo , á que había tempo que non íamos. O son do mar, a airexa marítima, o espectáculo dos cantís que nos rodean,...Abraiante beleza!

Inverno na praia

Imaxe
Un paseo pola praia do Lago en Valdoviño , despedindo o outono e coma benvida ao inverno, disfrutando deste entorno natural, do océano, da calma que proporciona este magnífico areal,... O sol xogando coas nubes, uns surfistas xogando coas ondas,... A felicidade é isto!

Forte marexada en Meirás

Imaxe
Neste comezo de setembro o tempo está algo revolto. Antonte polo serán achegámonos a Meirás para disfrutar da hipnótica marexada batendo na costa. As ondas bañando de escuma as rochas e os areais, os salseiros cubrindo a costa, a melodía do océano nos cantís,... Pura beleza!

Encoro de As Forcadas

Imaxe
As Forcadas é o encoro situado no concello de Valdoviño que abastece de auga aos concellos de Valdoviño , Ferrol , Fene , Narón , Ares e Mugardos . Despois destas semanas de abundantes chuvias está rozando o cen por cen da súa capacidade e luce así de espectacular. A riqueza da auga que converte a nosa terra nun tesouro.

Praia de Vilarrube en febreiro

Imaxe
Esta fin de semana invernal con temporal de auga, vento e neve en cotas baixas, non parece irmá da pasada fin de semana, solleira e primaveral. Hai unha semana paseabamos pola fermosa praia de Vilarrube . A marea estaba baixa e desta volta o paseo foi hacia a banda do río das Mestas . A baixamar permitía ver todo o espectáculo do areal que con marea alta cubre o mar. As imaxes falan por si soas. Outro paraíso de Ferrolterra !

Praia de Outeiro- Lago

Imaxe
A praia de Outeiro , na parroquia de Lago en Valdoviño , é unha parte do enorme areal da praia da Frouxeira . Esta, é unha praia de máis de 3km. que vai dende a Praia Pequena ata o faro da Frouxeira . Xunto coa lagoa é un espazo natural que pertence á Rede Natura 2000 . Magnífica para dar un vigorizante paseo polo areal, a lagoa, ou polas dunas; practicar surf, bodyboard, etc.; sentarse a contemplar o océano coa súa forte oleaxe e notar o vento no corpo;... Calquera opción é boa. Paraísos moi preto!