Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Área recreativa Muiño de Congostro

Área recreativa Muiño de Congostro

Imaxe
No país dos máis de mil ríos e milleiros de regos non é raro atopar áreas recreativas marabillosas ás beiras destes cursos de auga. A área recreativa do muiño de Congostro no concello de Aranga , está situada na confluencia do rego Cambás co río Mandeo , no Barranco da Loba en Ponte Aranga . A Asociación de veciños Santa Cruz de Aranga, no ano 2010, foi a promotora deste espazo para esparcimento e disfrute da veciñanza e visitantes, nesta fermosa localización a carón das ruinas do muiño de Congostro. Á sombra de frondosos carballos e castiñeiros, co son da auga e o canto dos paxaros, compartindo unha comida ou merenda, cunha boa lectura ou simplemente a contemplación da natureza,... temos o disfrute garantizado. Dende aquí tamén poderemos facer algunha camiñata, aproveitando as rutas que pasan por esta zona. Paraísos de Galicia norte!