Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Camiño vello de Caaveiro

Parque etnográfico do río Sesín

Imaxe
Un paseo moi aconsellable para un serán de verán pode ser este do Parque etnográfico do río Sesí n (concello de A Capela ), do que xa falamos ampliamente nunha publicación anterior no blogue. Un parque que é unha fermosa homenaxe dos habitantes deste concello aos seus devanceiros, que souberon explotar os recursos naturais sen esgotar nin destruir o medio. Nel, ademais da maxia e a fermosura do entorno, atopamos explicados exemplos do rico patrimonio etnográfico das tradicións artesanais vencelladas á explotación dos recursos e algunha mostra da arquitectura tradicional (muiño, ponte, curripa,...). Se gustamos do paseo podemos continualo polo Camiño Vello de Caaveiro e achegarnos ata a Casa do Pazo ( Museo Etnográfico).

Camiño vello a Caaveiro

Imaxe
O Camiño vello a Caaveiro é un antigo e fermoso camiño medieval, en plenas Fragas do Eume , que leva dende as casas de As Neves (A Capela) ata o mosteiro de Caaveiro . Deixamos o coche no lugar de O Pousadoiro e e uns centos de metros máis abaixo chegamos ao enlace que vén do lugar de O Pazo e o camiño xa coincide coa GR55 ou ruta do Medievo . Esa gran ruta de 90km que une Betanzos con S. André de Teixido , e que ten bastantes km que pasan por este concello de A Capela . O camiño cada vez ten máis pendiente e cun chan tan irregular e pedregoso, resulta esixente. A fermosura da fraga fai que mereza a pena! Despois dos 2,5km de baixada chegamos á ponte que atravesa o río Sesín . Baixamos ata o río para ver a ponte dende abaixo, os restos do muiño e os saltos da auga que producen un son atronador que nos rodea. Despois dun pequeno descanso, disfrutando da beleza do entorno, emprendemos o regreso; outros 2,5km, esta vez de forte subida, nos esperan. Con alg...