Parque etnográfico do río Sesín
Un paseo moi aconsellable para un serán de verán pode ser este do Parque etnográfico do río Sesín (concello de A Capela), do que xa falamos ampliamente nunha publicación anterior no blogue.
Un parque que é unha fermosa homenaxe dos habitantes deste concello aos seus devanceiros, que souberon explotar os recursos naturais sen esgotar nin destruir o medio.
Nel, ademais da maxia e a fermosura do entorno, atopamos explicados exemplos do rico patrimonio etnográfico das tradicións artesanais vencelladas á explotación dos recursos e algunha mostra da arquitectura tradicional (muiño, ponte, curripa,...).
Se gustamos do paseo podemos continualo polo Camiño Vello de Caaveiro e achegarnos ata a Casa do Pazo ( Museo Etnográfico).
Comentarios
Publicar un comentario