Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

Praia de Seselle

Imaxe
Dar un paseo, a primeira hora do luns, pola praia de Seselle sempre é unha magnífica idea para comezar a semana. Se prefires correr tamén é outra magnífica opción. Á hora de darse un baño, veñen de informar que a calidade das augas das praias de Seselle, O Raso, Ares e Chanteiro é excelente. Vivir no paraíso!

Ponte Segade

Imaxe
A área recreativa de Ponte Segade , no concello de Mañón á beira do río Sor , é un deses lugares máxicos que un atopa en Galicia . Neste lugar , o río separa os concellos de Mañón (A Coruña) e O Vicedo (Lugo), e a ponte une ambas marxes deste bosque de ribeira espléndido. Unha explosión de sensacións enchen os nosos sentidos neste lugar: o verde é a cor predominante que percibe a nosa vista , cunha ampla gama de matices; o son da auga e os chíos dos paxaros, a música que inunda o noso oído; a airexa mece as árbores e acariña a nosa pel; o aroma a terra umbría, a musgo, enche o noso olfacto. Dende aquí, parten rutas á beira do Sor , tanto río arriba, coma río abaixo. A área recreativa conta cun gran merendeiro, barbacoas, parque infantil, etc. que atraen moitos visitantes en época estival. O concello de Mañón ten moitos paraísos que descubrir.

Miradoiro de Viladonelle

Imaxe
A fervenza do río Belelle en Neda , é unha das máis espectaculares de Galicia, cos seus 45m de caída no medio dunha fermosa fraga entre escarpados montes. Ademais de vela a pé de río, outro lugar para observala é o miradoiro de Viladonelle . Pódese ascender ata el dende abaixo, preto da fervenza, nunha senda que sube uns 143m ata chegar ao miradoiro. Outra posibilidade, máis cómoda, é achegarnos ata o lugar de Viladonelle , e alí descender un pequeno tramo ata o miradoiro. Dende a plataforma de madeira, hai outra fermosa perspectiva da fervenza, a fraga, os montes,... O río Belelle , cheo de rutas, dende o seu nacemento ata a desembocadura, ofrécenos verdadeiras marabillas. Paraísos que recorrer!

Rematando maio

Imaxe
Acabando maio a natureza, co seu estoupido de vida, inunda de beleza todo o que nos rodea. Por exemplo, un simple campo de pampillo en Vilar ( Mugardos ) pode deixarnos abraiados. Ou unhas árbores, espidas hai uns meses, agora lucen esplendorosas. O humilde muíño do Redondo , en Magalofes , ten uns soberbios gardiáns (os castiñeiros, a nogueira, o freixo,...) que o protexen e que fan dese recuncho un lugar máxico e moi fermoso. Dá gusto ver como o paso das estacións muda o aspecto dos lugares e paisaxes. Paraísos ao noso arredor!

S. Pantaleón- Ourol

Imaxe
S. Pantaleón de Cabanas é unha parroquia do concello lugués de Ourol . No 1392 Fernán Pérez de Andrade obtén licenza do bispo de Mondoñedo para edificar tres igrexas nos montes do Sor: S. Pantaleón de Caban as, Sta. María de Cabanas e S. Pablo de Riobarba . S. Pantaleón foi construída entre finais do XIV e principios do XV. Desgraciadamente, desta época queda moi pouco á vista, xa que sufriu modificacións posteriores. Por exemplo a fermosa portada principal quedou oculta no interior por mor da ampliación da súa lonxitude; sobre a porta lateral aprécianse o xabarín e o lebrel, marca dos Andrade. Tamén hai un xabarín cunha cruz no muro de entrada. Esta figura aparece nas tres igrexas, aínda que desprazada na actualidade das súas posicións orixinais. O campanario é barroco e luce un reloxo de sol. No fermoso adro que rodea a igrexa chama a atención, pola tosquedade e tamaño, a cruz de pedra. A arquitectura relixosa atesoura marabillas de todas as épocas e corrientes artísticas e n

Pola Xunqueira e Pedrós

Imaxe
En Ares temos marcadas unhas rutas polo concello ben fermosas, con vistas espectaculares da ría, que nos permiten disfrutar da costa, coas súas calas, ribeiras, cantís, baterías costeiras, etc. Delas xa hai varias entradas no blog. Hoxe quero mostrar esta pequena ruta ( O Alto da Pena - Camiño das Balsas - A Xunqueira - Pedrós ), que aínda que non é ruta oficial, é unha camiñata con moitos atractivos. Na Xunqueira , por exemplo, ao recorrela podemos disfrutar observando a flora e a fauna. Ao chegar ás instalacións deportivas de Pedrós deixamos a beirarrúa e seguimos polo camiño arriba ata Pedrós . Este camiño tamén nos ofrece outras posibilidades: seguir ata o Alto de Simou , coller unha desviación a Besoxo ,... Dependerá do longa que queiramos facer a camiñata. Paraísos de Ares.