Rematando maio

Acabando maio a natureza, co seu estoupido de vida, inunda de beleza todo o que nos rodea. Por exemplo, un simple campo de pampillo en Vilar (Mugardos) pode deixarnos abraiados. Ou unhas árbores, espidas hai uns meses, agora lucen esplendorosas. O humilde muíño do Redondo, en Magalofes, ten uns soberbios gardiáns (os castiñeiros, a nogueira, o freixo,...) que o protexen e que fan dese recuncho un lugar máxico e moi fermoso.
Dá gusto ver como o paso das estacións muda o aspecto dos lugares e paisaxes. Paraísos ao noso arredor!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar