Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ría de Ortigueira

Morouzos

Imaxe
Un paseo por Morouzos en Ortigueira sempre resulta unha delicia. A espectacularidade da ría de Ortigueira , as marismas e o areal de Morouzos , a lagoa coa súa senda, o piñeiral,... Un tesouro!

Praia de Morouzos-Cabalar e lagoa de S. Martiño

Imaxe
Fermosa camiñata polo extenso areal de Morouzos-Cabalar en Ortigueira . Encantounos recorrer as sendas que levan ata a praia, a marisma, ás dunas, ou baixo a sombra sombra do gran piñeiral,... As vistas da ría son espectaculares! Nunha pequena depresión está a lagoa de S. Martiño , con varias sendas de madeira que nos levan a pequenos miradoiros no seu perímetro. É unha lagoa estacional e, hai décadas, foi o vertedoiro do concello. Despois dun gran traballo de recuperación do espazo natural, hoxe a flora e a fauna son os donos do lugar. Paraísos do norte de Galicia!

Costa de Ladrido-Ortigueira

Imaxe
Esta parte da ría de Ortiguira-Ladrid o non a coñecíamos, e aproveitamos unha escapadiña destes días de Antroido para achegarnos ata Ladrido e disfrutar das vistas: a illa de S.Vicente , o areal de Morouzos , Cariño na outra banda da ría, Os Aguillóns ao pé de Ortegal , os montes de A Capelada ,.. Seguimos costeando ata achegarnos a Espasante . Outra marabilla de pobo costeiro.

Morouzos

Imaxe
O esteiro do río Mera na ría de Ortigueira presenta un complexo sistema hidrolóxico, resultado da confluencia de varios ríos (Mera, Ladrido, Casón Pequeno e Maior) e as mareas do mar. Este é un espazo natural prodixioso cunhas das marismas máis grandes de Galicia , importante lugar de invernada de aves acuáticas e limícolas. Na parte final deste espazo, de cara ao océano está o areal de Morouzos , unha impresionante praia virxe, de 2 km de lonxitude, cun sistema dunar bastante extenso e un piñeiral con área recreativa, que entre o 9 e o 16 deste mes estará ocupado por centos de campistas que acudirán ao Festival de Ortigueira . Si gustamos das camiñatas por espazos naturais, aquí temos varios kilómetros para o noso disfrute.