Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Coitelada

Serán de decembro en Coitelada

Imaxe
Nunha solleira tarde de decembro un paseo pola punta de Coitelada en Chanteiro é unha marabilla. Pola ruta 2 iremos costeando e disfrutando da costa de Ares . Dende a mesma punta subimos ata a batería costeira de Sudova e dende alí ata Campelo . Sobre Montefaro unha fermosa lúa recordábanos que o solpor en decembro chega pronto. Paraísos na casa!

Solpor en Coitelada

Imaxe
Onte, 28 de xuño, en Galicia tivemos o solpor máis tardío de todo o ano : ás 22:20. Según a explicación do físico e divulgador científico, Jorge Mira, as mañás levan perdendo luz dende unha semana antes do solsticio, dende o 14 ou 15 de xuño comezaron a ser máis curtas; en cambio unha semana despois, o 28 de xuño, foi a tarde máis longa no terzo norte peninsular. A partir de agora, apenas notaremos cambios polas tardes, e seguiremos con solpores propios do verán. Para disfrutar dese solpor, fomos ata Coitelada , e por mor dunhas nubes, perdemos de vista o sol 10 minutos antes. De todas maneiras, disfrutar do solpor en Coitelada é unha marabilla. (O mellor lugar do noso concello para velo).

Escalada en Coitelada

Imaxe
Cando imos de camiñata por Coitelada , non é raro que atopemos pequenos grupos de afeccionados á escalada na punta de Coitelada en Chanteiro . Nas rochas do cantil parece ser que teñen unhas estupendas paredes para practicar este deporte. Eu coas vistas do Golfo Ártabro confórmome.

Coitelada

Imaxe
Despedindo xaneiro cunha pequena camiñata pola península de Coitelada en Chanteiro. A ruta pola beira da ría, rodeando toda a punta é ben fermosa! As vistas desta parte do golfo Ártabro, as rompentes do mar na costa, os cantís rochosos, os restos das baterías costeiras, a flora,...moito que disfrutar nesta camiñata.