Solpor en Coitelada

Onte, 28 de xuño, en Galicia tivemos o solpor máis tardío de todo o ano: ás 22:20. Según a explicación do físico e divulgador científico, Jorge Mira, as mañás levan perdendo luz dende unha semana antes do solsticio, dende o 14 ou 15 de xuño comezaron a ser máis curtas; en cambio unha semana despois, o 28 de xuño, foi a tarde máis longa no terzo norte peninsular. A partir de agora, apenas notaremos cambios polas tardes, e seguiremos con solpores propios do verán.
Para disfrutar dese solpor, fomos ata Coitelada, e por mor dunhas nubes, perdemos de vista o sol 10 minutos antes. De todas maneiras, disfrutar do solpor en Coitelada é unha marabilla. (O mellor lugar do noso concello para velo).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar