Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2023

Paseo na praia de Seselle

Imaxe
Camiñar diariamente e a bo ritmo é un dos exercicios máis saudables e aptos para todo o mundo e si o facemos pola praia din os expertos que poden aumentar os beneficios. Vivir preto dunha praia ofrécenos a oportunidade de dar estes paseos . A praia de Seselle coa súa lonxitude é magnífica para esta actividade. A min gústame facelo pola mañanciña, cando aínda o sol está baixo e na praia so estamos unhas poucas persoas: camiñantes, corredores, pescadores,... O máis importante é disfrutar do paseo, notar como desconectamos para deixar que a calma e o relax ocupen o lugar das prisas e preocupacións. Paraísos para desconectar!

Penas de Rodas

Imaxe
A poucos km. da cidade de Lugo , en Outeiro de Rei , está este conxunto megalítico de Penas de Rodas , rodeado de petróglifos, mámoas, castros, xacementos romanos, etc. Hai algunhas teorías que o vinculan a un lugar sagrado e de culto na antigüidade; outras relacionáno coa astronomía indicando que podería ser un dos primeiros calendarios solares e que os dous grandes rodos simbolizarían a Terra e o Sol; para outros non é máis ca unha formación natural, pero tan rodeada de lendas, que a convertirían nun lugar máxico. O lugar ten unha ampla área recreativa con mesas, bancos, fontes, á sombra das árbores e repartidos entre os penedos; incluso hai un gran palco para a romaría anual que celebran os veciños en verán. Un lugar tan impresionante que merece unha visita. Paraísos!

Área recreativa Muiño de Congostro

Imaxe
No país dos máis de mil ríos e milleiros de regos non é raro atopar áreas recreativas marabillosas ás beiras destes cursos de auga. A área recreativa do muiño de Congostro no concello de Aranga , está situada na confluencia do rego Cambás co río Mandeo , no Barranco da Loba en Ponte Aranga . A Asociación de veciños Santa Cruz de Aranga, no ano 2010, foi a promotora deste espazo para esparcimento e disfrute da veciñanza e visitantes, nesta fermosa localización a carón das ruinas do muiño de Congostro. Á sombra de frondosos carballos e castiñeiros, co son da auga e o canto dos paxaros, compartindo unha comida ou merenda, cunha boa lectura ou simplemente a contemplación da natureza,... temos o disfrute garantizado. Dende aquí tamén poderemos facer algunha camiñata, aproveitando as rutas que pasan por esta zona. Paraísos de Galicia norte!

A escola de Seselle

Imaxe
En Galicia temos moi claro o importante papel que desempeñou a emigración no ámbito educativo e a contribución fundamental deste numeroso colectivo na creación da primeira rede escolar na nosa terra. No noso pequeno concello de Ares temos catro fermosos exemplos destas escolas : a Alianza Aresana de Instrucción fundada na Habana en 1904 e que inaugura a escola das Alianzas en Ares en 1908; a Agrupación Instructiva de Caamouco , fundada tamén na Habana no 1911 e que inaugura a escola da Tenencia no 1915; o Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás na Habana e Estados Unidos que inaugura a súa escola no 1925 e por último, a Escola de Seselle , construida coa iniciativa privada dun único emigrante, Gaspar Vizoso Cartelle , e inaugurada no 1931. En Seselle ata o 1931, non houbo escola e a rapazada tiña que ir a Ares; posteriormente na casa dos Duráns, no Froés, deuse escola durante uns anos. A foto desa casa dos Duráns é posterior, da década dos 60, xa en moi mal estado.

De S. Roque a S. Roque

Imaxe
Unha parte moi importante do patrimonio de arquitectura relixosa da nosa terra está constituido polos centos de ermidas e capelas que podemos atopar espalladas polas catro provincias. No recuncho máis inesperado, atopamos unha pequena xoia e arredor dela posiblemente algunha lenda que forma parte desoutro tesouro inmaterial da nosa cultura. As capelas adicadas a S. Roque son moi abundantes e de dúas delas trata esta entrada: S. Roque de Cedeira e S. Roque do Val nas Pontes. A ermida de S. Roque de Cedeira está na parroquia de Regoa , no cruce do Camiño Real coa vía que unía Porto Cabo con S. André de Teixido, a 350m de altura no lugar O Toxo . Fundada por Simón de Aneiros no XVII según consta na inscrición, é sinxela pero, o seu entorno coa fonte, as árbores, o rego de auga, etc. revalorízaa. S. Roque do Val , na parroquia pontesa de Goente , estaba no val de Seoane, na aldea desaparecida hai anos pola explotación da mina de lignito de Endesa, convertido en escombreira e