Paseo na praia de Seselle
Camiñar diariamente e a bo ritmo é un dos exercicios máis saudables e aptos para todo o mundo e si o facemos pola praia din os expertos que poden aumentar os beneficios. Vivir preto dunha praia ofrécenos a oportunidade de dar estes paseos . A praia de Seselle coa súa lonxitude é magnífica para esta actividade. A min gústame facelo pola mañanciña, cando aínda o sol está baixo e na praia so estamos unhas poucas persoas: camiñantes, corredores, pescadores,...
O máis importante é disfrutar do paseo, notar como desconectamos para deixar que a calma e o relax ocupen o lugar das prisas e preocupacións.
Paraísos para desconectar!
Comentarios
Publicar un comentario