Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

Estaca de Bares

Imaxe
Estaca de Bares , o punto máis setentrional da Península Ibérica , é considerado tamén o punto donde o océano Atlántico dá paso ao mar Cantábrico . Está 400km.máis ao norte ca New York , pero pola corriente cálida do Golfo , o clima é totalmente diferente. O faro de Estaca de Bares foi construido no ano 1850 e estaba servido por tres torreiros. Situado sobre un pequeno outeiro que se prolonga na chamada punta de Estaca de Bares parece o gardián dela. Con bo tempo é posible chegar ata a punda por un sendeiro que baixa dende o faro, e se temos sorte poderemos estar acompañados por un rabaño de cabras que comen a herba que aquí medra nesta e os mastíns que as gardan. A paisaxe é impresionante e resulta estremecedor imaxinala con temporal; o pasado novembro, coa borrasca Domingos , a boia de Estaca de Bares mediu unha onda de case 14m de altura, a maior rexistrada ata o de agora en España . A forza do mar batendo contra os cantís nun día tranquilo coma o de hoxe dá unha idea

Praia de Vilarrube en febreiro

Imaxe
Esta fin de semana invernal con temporal de auga, vento e neve en cotas baixas, non parece irmá da pasada fin de semana, solleira e primaveral. Hai unha semana paseabamos pola fermosa praia de Vilarrube . A marea estaba baixa e desta volta o paseo foi hacia a banda do río das Mestas . A baixamar permitía ver todo o espectáculo do areal que con marea alta cubre o mar. As imaxes falan por si soas. Outro paraíso de Ferrolterra !

Día de Rosalía

Imaxe
 Hoxe, Día de Rosalía , celebramos o 187 aniversario do nacemento da universal figura da nosa cultura, Rosalía de Castro .  Ela, que tanto amou a nosa terra, reflexaba eses sentimentos maxistralmente nos seus versos, e nós que tamén a amamos, recordámola con eles.                                         VIII           ¡Que hermosa te deu Dios, terra querida,                      desdichada beldá!            ¡Que brando e melancólico sosego                      sinto ó te contemprar!             ¿Por qué, por qué antre as frores as espiñas                      entretexidas van,             nesa coroa que a túa testa ciñe                      de verdor eternal?              ¡Ouh Galicia, Galicia!, a arpa sonora                      pronto descolga xa              da seca ponla onde olvidada dorme,                      dorme, a sigros contar.             Os bardos fillos teus a voz levanten                       das cordas ó compás             i enchan o mundo armónicas i altivas        

Dende o parque do Petelo

Imaxe
Neste febreiro de tempo primaveral apetecen as camiñatas. Este paseo,(non por repetido perde atractivo) dende o parque do Petelo ata a praia de A Barrosa , sempre é unha boa elección. Na andaina imos asomándonos a todos eses múltiples recunchos que ten a costa de Ares , dende os que podemos observar a enseada, a vila, os cantís, un barquiño que sae faenar, veleiros na ría, o mar bañando as ribeiras, as aves mariñas, ... No percorrido veremos as calas da Cruz, Centeás, Estacas, O Colado , as illas Mirandas ... Esta cala do Colado sempre me fai pensar nunha escaleira de madeira coma a das outras calas. Poder baixar ata ela encantaríame! Agora confórmome con ollala dende o cantil e marabillarme co entorno. Pouco máis adiante, ao contemplar a cala de A Barrosa sentimos que esta costa da península de Bezoucos é coma o mascarón de proa dunha magnífica nave que zarpa do Golfo Ártabro cara ao Atlántico . O paraíso está en Ares!

Observatorio ornitolóxico de Estaca de Bares

Imaxe
O cabo de Estaca de Bares , o punto máis setentrional da Península Ibérica , é un dos mellores puntos de observación de aves de Europa. Milleiros de aves pasan por aquí nas súas rutas migratorias. Moi preto do faro, hai un pequeno observatorio ornitolóxico visitado por ornitólogos de todo o mundo. Depende do Servicio de Conservación da Natureza de A Coruña; é de uso público previa solicitude e poden pernoctar un máximo de 4 persoas. Todo un luxo para os afeccionados á ornitoloxía! Entre o observatorio e as ruinas da antiga base americana, baixando polo cantil ata case a ribeira, hai as ruinas de cinco muiños hidráulicos que aproveitaban a mesma corriente de auga para moer. Estas ruinas están pedindo a berros unha restauración!