Día de Rosalía
Hoxe, Día de Rosalía, celebramos o 187 aniversario do nacemento da universal figura da nosa cultura, Rosalía de Castro.
Ela, que tanto amou a nosa terra, reflexaba eses sentimentos maxistralmente nos seus versos, e nós que tamén a amamos, recordámola con eles.
VIII
¡Que hermosa te deu Dios, terra querida,
desdichada beldá!
¡Que brando e melancólico sosego
sinto ó te contemprar!
¿Por qué, por qué antre as frores as espiñas
entretexidas van,
nesa coroa que a túa testa ciñe
de verdor eternal?
¡Ouh Galicia, Galicia!, a arpa sonora
pronto descolga xa
da seca ponla onde olvidada dorme,
dorme, a sigros contar.
Os bardos fillos teus a voz levanten
das cordas ó compás
i enchan o mundo armónicas i altivas
tan só pra te alabar.
Follas Novas, Rosalía de Castro.
Os paraísos da nosa literatura!
Comentarios
Publicar un comentario