Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ría de Ares

Praia de Seselle en febreiro

Imaxe
Aínda que está moi preto da casa, a beleza da praia de Seselle segue impactándome. Estes paseos de inverno pola praia solitaria enchen de calma o espíritu e son unha fonte de saúde tanto física coma mental. Hai que disfrutalos!

Mañá de novembro en Seselle

Imaxe
Novembro está sendo un mes de alertas por ventos e choivas, pero sempre hai calmas entre os frentes que deixan disfrutar dos paseos. Onte tocou ao lado da casa, na praia de Seselle . Os ceos están espectaculares tanto de día cunha luz fermosísima, coma nas noites con auroras boreais ou nos sorprendentes solpores pintados de cálidas e brillantes cores. Afortunados de vivir nun paraíso!

A praia de Seselle en febreiro

Imaxe
Un paseo mañaneiro, o sábado pasado, pola praia de Seselle pode resultar un deses magníficos agasallos que podemos facernos a nós mesmos: bo para a saúde tanto física coma mental, gratis e polo tanto bo para loitar contra o consumismo, bo para desconectar das redes e usar o teléfono so para facer fotos, bo para disfrutar das pequenas cousas e da vida sinxela, bo para esquecer as malas novas que parecen ameazar o mundo, ...

Na praia de Seselle

Imaxe
Un paseo matutino pola praia de Seselle é un bo agasallo de Reis . Entre chuvasco e chuvasco, aproveitamos para disfrutar deste paseo na praia solitaria a esta hora temperá da mañá. Unha gozada; volta un á casa coas pilas cargadas.

Despedida do 2024

Imaxe
A camiñata de onte, para despedir o ano, foi pola senda costeira de Ares . Esta ruta, aínda que a repetimos frecuentemente, nunca deixa de marabillar. A senda en perfecto estado, unha temperatura estupenda, a ría espectacular,... Que máis se pode pedir?

Decembro na Barrosa

Imaxe
Unha tarde de decembro fresca e anubrada, tamén é ideal para achegarse ata a praia de A Barrosa . O espectáculo da entrada da ría de Ares , cun ceo plomizo e o mar en calma é marabilloso. Despois de baixar as escaleiras, camiñar sobre as pedras e achegarse ata a orilla para ver o mar bicando a ribeira, observar o voo das gaivotas, unha ave rapaz no ceo sobrevoándonos,... Momentos de calma e relax! As escaleiras que hai que subir para marchar, son un pequeno pago por tanta beleza!