Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

Montes de Viveiró

Imaxe
Da mesma maneira que preciso achegarme á costa, preciso tamén de cando en vez ir á montaña, buscar alturas dende as que otear horizontes. A pouco máis de media hora en coche (dende a casa) está Viveiró , ese pequeno e fermoso lugar de Muras que merecería un proxecto de rehabilitación integral por parte das administracións. Antes de baixar á aldea a panorámica dos montes e vales, onde nace e discorre o Landro , é impactante. A impresión da primeira vez que estivemos aquí, repítese cada vez que vimos. A poucos kilómetros está o nacemento do Eume , en plena Serra do Xistral , onde se xuntan os regos Lamoso e das Toxeiras , na parroquia de Montouto en Abadín . Toda esta serra é de gran beleza e con bo tempo merece andainas polas diversas rutas que teñen marcadas os concellos que nela converxen. Moito que descubrir e admirar. Paraísos das Terras Altas da Serra do Xistral !

O mar de Loiba

Imaxe
Nas tardes solleiras de outono, de cando en vez, facemos unha escapadiña ata a costa de Loiba para ollar o mar. Se a marea o permite, baixar ata a praia de Picón é unha necesidade. Desta volta, coa marea alta non foi posible e houbo que conformarse con contemplala dende arriba. O espectáculo desta costa namora. Este é outro deses moitos lugares da nosa terra que piden voltar. Paraísos do norte de Galicia !

Tarde de novembro en Seselle

Imaxe
Un paseo pola praia de Seselle nun serán de novembro pode ser o paraíso. Sempre hai algo distinto, novo, fermoso, único, máxico... que apreciar e disfrutar. A beleza dun tronco arrastrado pola marea, o aroma do salitre no aire, o son do mar, a caricia do sol, a airexa marina na pel, a natureza adormecendo... Gústame novembro co seu aire fresco que nos achega ao inverno. Coa súa neblina de nostalxias, distancias, recordos... A felicidade está á volta da esquina, nas pequenas cousas que nos rodean. Vivimos no paraíso.

Pico da Ferreira

Imaxe
O Pico da Ferreira ou de S. Vicente está na parroquia de Ferreira en San Sadurniño . No medio do val do río Grande de Xubia e cunha altura de 355m é un excepcional miradoiro natural que nos permite ver unha panorámica de 360º do val do Xubia, dende Pedroso ata Moeche . No cume atópanse uns penedos nos que hai un sartego antropomórfico escavado na rocha e mais unha cazoleta, cunha posible orixe altomedieval vencellado á existencia dun templo, hoxe desaparecido, e do que no 1125 sábese que foi doado polo señor feudal Pedro Froilaz ao mosteiro de Xubia. Este templo estaría erixido, coma é costume, nun lugar de culto pre-cristián do que se conservaron costumes e ritos ata hai ben pouco. Según conta a lenda, a veciñanza cansa de subir ata a capela de S. Vicente no curuto decidiu levar o santo para a igrexa de S. Paio no val, pero polas noites o santo subía ao pico para durmir na súa "camiña de pedra". Para rematar con estas escapadiñas do santo, decidiron prendelo. Non s

Garita de Bares

Imaxe
Dende finais da Idade Media , a costa galega empezou a levantar estruturas de vixía e alerta para a defensa dos ataques por mar. Un dos nomes que reciben estas estruturas é fachos , polas fogueiras que prendían os vixías cando divisaban ao inimigo. Esta Garita de Bares ou Garita do Facho de Maeda , sobre a ría do Barqueiro no concello de Mañón , xunto á Garita de Punta Herbeira en Cedeira e a Garita de Espasante , formaban parte deste sistema defensivo da costa galega. Conserva en perfecto estado unha das dúas estancias que tiña e na actualidade trocou a súa función pola de miradoiro espectacular sobre a península de Bares. Está situada esta garita case ao remate do Camiño dos Arrieiros ou Camiño Vello , esa vía ancestral chea de túmulos prehistóricos, asentamentos da Idade do Ferro, época romana, tardo romana e medieval, que vén dende As Pontes ata Estaca de Bares sobre os montes da Serra Faladoira . A ría do Barqueiro formada pola desembocadura do río Sor , polos restos

Camiño de Salgueiras

Imaxe
Onte pola tarde, aproveitando esta mellora no tempo que parece que se vai prolongar por uns días, fomos ata a praia de Chanteiro para dar un paseo polo camiño de Salgueiras . Con bo tempo é unha marabilla e con mal tempo tamén. Con boa visibilidade, a panorámica do Golfo Ártabro é impresionante. A costa perfílase ata as illas Sisargas ! Aínda está en obras a senda peonil, pero pódese pasar. Ao chegar á Batería do Segaño , subimos ata a Batería de Salgueiras e logo ata o cruceiro de Chanteiro para baixar ata a praia. Estupendo paseo de outono. Vivimos no paraíso!

Kitesurf en Seselle

Imaxe
Levamos un mes de borrascas sucesivas, con pequenas treguas entre elas, que propician a práctica de deportes relacionados co vento nas praias. Por iso, a praia de Seselle nestas semanas está moi frecuentada polos afeccionados ao kitesurf e ao windsurf . Contemplalos mentras practican é un espectáculo. As cometas no ceo danzan imparables!

Escola habaneira de Roupar

Imaxe
A "Sociedad de Instrucción y Protección Hijos de Roupar" impulsaba no ano 1913 dende A Habana , coa colaboración dos veciños da parroquia, a creación dunha escola que se faría realidade no 1921 e pola que durante 60 anos pasaron numerosas xeracións de alumnos. No artigo 41 do Regulamento da Sociadade de Instrución, aprobado na Habana o 13 de xuño de 1913 indicábase: "As clases na escola que se construirá en Roupar serán diurnas e nocturnas..." "As materias que se impartirán: Lectura, Escritura, Gramática, Aritmética, Agricultura, Historia, Xeografía, Xeometría, Contabilidade mercantil, Labores Femininas, Correspondencia familiar e doutras ordes, así coma conferencias para adultos sobre Agricultura, Gandeiría, Avicultura, Apicultura, Código Civil,... Ata os anos 80, o fermoso edificio, funcionou coma escola para pasar a ser Centro Social que recolle múltiples actividades da veciñanza. Outro edificio da nosa terra que nos lembra a débeda que temos con esas x

Novembro na praia de Seselle

Imaxe
Onte pola mañá, aproveitando unha tregua antes da chegada da borrasca Domingos , demos un paseo corto pola praia de Seselle . O sol acompañounos aínda que o vento xa anunciaba o que estaba por chegar. A praia, coma sempre, un paraíso.

S. Nicolao de Cis

Imaxe
Na entrada anterior falaba dunha sinxela e humilde igrexa rodeada dun adro, amplo e coidado, que a revalorizaba e nesta entrada comento o caso contrario. S. Nicolao de Cis , coñecido tamén coma S. Salvador , é unha fermosa igrexa da parroquia de Cis , no concello Oza-Cesuras . Pertencía ao mosteiro dúplice fundado polos condes D. Aloito e Dna. Paterna a finais do s.IX. No s.XII pasou ao conde de Traba, Pedro Froilaz e coa desamortización do XIX desaparecen as instalacións monacais e so queda a igrexa. Este templo gótico foi construido no s.XIV sobre un antigo templo mozárabe do que se conservan poucos restos. Ten planta basilical con tres naves de estilo oxival e a cabeceira de tres ábsides sendo o central máis grande e de planta heptagonal; os ábsides laterais teñen planta pentagonal. Abunda a decoración escultórica e a luminosidade favorecida pola apertura de ventanais e rosetóns. A portada principal está presidida por un rosetón sobre aporta abocinada cuxo tímpano ten a S. Bieito