Camiño de Salgueiras

Onte pola tarde, aproveitando esta mellora no tempo que parece que se vai prolongar por uns días, fomos ata a praia de Chanteiro para dar un paseo polo camiño de Salgueiras. Con bo tempo é unha marabilla e con mal tempo tamén. Con boa visibilidade, a panorámica do Golfo Ártabro é impresionante. A costa perfílase ata as illas Sisargas!
Aínda está en obras a senda peonil, pero pódese pasar.
Ao chegar á Batería do Segaño, subimos ata a Batería de Salgueiras e logo ata o cruceiro de Chanteiro para baixar ata a praia.
Estupendo paseo de outono. Vivimos no paraíso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar