Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta San Sadurniño

A Fraga Máxica en inverno

Imaxe
A fraga Máxica da Cortiña , no arboreto do paseo fluvial de San Sadurniño , agora no inverno tamén merece unha visita. As árbores espidas, dan todo o protagonismo a eses seres máxicos que 2Duendes crearon con troncos e unha motoserra. Neste circuito de figuras e pasarelas de madeira, os nen@s disfrutarán mantendo o equilibrio, saltando, correndo, escalando, observando bichos e árbores,... Un parque diferente, rodeado de natureza, para pasar unhas horas de disfrute neste magnífico entorno do concello de San Sadurniño .

Fervenza do río Castro en marzo

Imaxe
O río Castro , afluente do Río Grande de Xuvia , a poucos metros do castelo de Naraío en San Sadurniño , discorre por un estreito canón formando unha sucesión de fermosos rápidos, pozas e fervenzas- A máis espectacular é a coñecida coma fervenza do río Castro ou fervenza de Naraío . Despois destes días de abundantes choivas, os ríos e fervenzas galegas están espectaculares. Aproveitamos para ir ver a de Naraío e non nos defraudou. O paso de tanta auga por segundo é unha marabilla. Paraísos de inverno!

Castelo de Naraío

Imaxe
En realidade son as ruinas dun castelo, nun rochedo á beira do río Castro en Naraío , no concello de San Sadurniño . Os documentos máis antigos din que o castelo de Naraío pertencía a Gonzalo Pineyro, señor de Naraío e partidario de Pedro I nas súas loitas fraticidas con Enrique de Trastamara , o cal ao subir ao trono arrasará o castelo e cederallo aos Andrade , ata que en 1466 foi destruido por Afonso Lanzós durante as Revoltas Irmandiñas . Na actualidade pertence á Casa de Alba , cedido por uns anos ao concello. A torre homenaxe é o que mellor se conserva, pero a pesares de todo, ben merece unha visita polas vistas e o entorno. Moi preto, no mesmo río Castro está a fervenza de Naraío e ao carón do castelo pasa a ruta dos Sendeiros do río Castro.

Pico da Ferreira

Imaxe
O Pico da Ferreira ou de S. Vicente está na parroquia de Ferreira en San Sadurniño . No medio do val do río Grande de Xubia e cunha altura de 355m é un excepcional miradoiro natural que nos permite ver unha panorámica de 360º do val do Xubia, dende Pedroso ata Moeche . No cume atópanse uns penedos nos que hai un sartego antropomórfico escavado na rocha e mais unha cazoleta, cunha posible orixe altomedieval vencellado á existencia dun templo, hoxe desaparecido, e do que no 1125 sábese que foi doado polo señor feudal Pedro Froilaz ao mosteiro de Xubia. Este templo estaría erixido, coma é costume, nun lugar de culto pre-cristián do que se conservaron costumes e ritos ata hai ben pouco. Según conta a lenda, a veciñanza cansa de subir ata a capela de S. Vicente no curuto decidiu levar o santo para a igrexa de S. Paio no val, pero polas noites o santo subía ao pico para durmir na súa "camiña de pedra". Para rematar con estas escapadiñas do santo, decidiron prendelo. Non s...

A fervenza de Naraío

Imaxe
No concello de San Sadurniño , ao pé do castelo de Naraío está a fervenza do río Castro , afluente do Xubia. Este castelo medieval aproveitaba a defensa natural, deste estreito val de paredes escarpadas, que forma o río Castro no seu camiño dende o Forgoselo, onde nace. Aquí, o río ten que salvar un forte desnivel, o que provoca numerosos saltos, pozas e a fermosa fervenza. Antes de chegar á fervenza vemos uns muiños e unha pequena central hidroeléctrica que nos falan do aproveitamento dos cursos fluviais. Seguimos o camiño que nos marca o Sendeiro do río Castro, monte arriba, e chegamos ata a fervenza despois duns centos de metros. Este espazo natural está dentro do ZEC Xubia-Castro , incluído na Rede Natura dende o 2011, e ademais por aquí confluen o Sendeiro do Castro e a Ruta dos Castelos e Mosteiros . O abano de posibilidades para camiñatas e rutas é moi amplo. Paraísos!