Castelo de Naraío

En realidade son as ruinas dun castelo, nun rochedo á beira do río Castro en Naraío , no concello de San Sadurniño. Os documentos máis antigos din que o castelo de Naraío pertencía a Gonzalo Pineyro, señor de Naraío e partidario de Pedro I nas súas loitas fraticidas con Enrique de Trastamara, o cal ao subir ao trono arrasará o castelo e cederallo aos Andrade, ata que en 1466 foi destruido por Afonso Lanzós durante as Revoltas Irmandiñas. Na actualidade pertence á Casa de Alba, cedido por uns anos ao concello. A torre homenaxe é o que mellor se conserva, pero a pesares de todo, ben merece unha visita polas vistas e o entorno.
Moi preto, no mesmo río Castro está a fervenza de Naraío e ao carón do castelo pasa a ruta dos Sendeiros do río Castro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso