Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tradicións

Outono e castiñeiros

Imaxe
Coa chegada do outono os castiñeiros nas hortas ou nos soutos traen fartura; as castañas van estar moi unidas ás celebracións populares desta estación: os magostos , o Samaín , Defuntos ,... Quen non lembra da súa nenez os colares de zonchos , as castañas cocidas acompañadas de mariquitas , as castañas asadas ,... Unha época do ano chea de ritos e tradicións, seguramente milenarias, que en Galicia conservamos.

Noite de S. Xoán

Imaxe
A noite de S. Xoán , en Galicia é unha noite máxica , chea de tradicións que perduran no tempo: as fogueiras do lume novo que enchen as vilas e aldeas e que hai que saltar un número impar de veces para que sexan purificadores os seus poderes, os ramos de flores que se colgan no exterior das casas para protexelas das meigas que esta noite están especialmente tolas, a auga purificadora que se prepara coas sete herbas (variables según os lugares) para lavarse ao mencer, as ceas comunitarias arredor das fogueiras con sardiñas asadas, cachelos, pan de millo, a festa e a troula desta noite, ... Fermosas tradicións que forman parte do patrimonio inmaterial de Galicia que conservamos con orgullo e festexamos ano tras ano. As fogueiras, se hai unha praia cerca adoitan facerse nela, pero poden facerse noutros lugares: na horta, nun solar, nunha eira, nun camiño pouco transitado,...