Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Escolas indianas

Escola habaneira de Roupar

Imaxe
A "Sociedad de Instrucción y Protección Hijos de Roupar" impulsaba no ano 1913 dende A Habana , coa colaboración dos veciños da parroquia, a creación dunha escola que se faría realidade no 1921 e pola que durante 60 anos pasaron numerosas xeracións de alumnos. No artigo 41 do Regulamento da Sociadade de Instrución, aprobado na Habana o 13 de xuño de 1913 indicábase: "As clases na escola que se construirá en Roupar serán diurnas e nocturnas..." "As materias que se impartirán: Lectura, Escritura, Gramática, Aritmética, Agricultura, Historia, Xeografía, Xeometría, Contabilidade mercantil, Labores Femininas, Correspondencia familiar e doutras ordes, así coma conferencias para adultos sobre Agricultura, Gandeiría, Avicultura, Apicultura, Código Civil,... Ata os anos 80, o fermoso edificio, funcionou coma escola para pasar a ser Centro Social que recolle múltiples actividades da veciñanza. Outro edificio da nosa terra que nos lembra a débeda que temos con esas x...

Sociedade de Instrución e Recreo A Devesana

Imaxe
Nos Devesos , na aba da serra da Faladoira , pertencente ao concello de Ortigueira atopamos A Devesana , escola indiana, inaugurada no 1912 coma escola laica por desexo expreso dos fundadores ( veciños emigrantes en Cuba) para facilitar o ensino na parroquia. Os indianos de Ortigueira chegaron a fundar once escolas no concello . A Devesana tivo un sistema de ensino moderno que provocou denuncias por parte do párroco da igrexa situada en fronte e das autoridades municipais, sendo pechada polo Goberno Civil nos anos 20, na Ditadura de Primo de Rivera. Abre de novo as súas portas no 1931 coa chegada da II República. No 1936 foi clausurada e ocupada polas autoridades golpistas, que usaron o edificio coma cuartel militar primeiro e despois coma cuartel da garda civil. Na planta baixa estaba a vivenda do mestre e unha sala de xuntas; na superior unha aula ben grande, unha biblioteca e o cuarto de material. No exterior, o xardín, o horto experimental e os retretes. Na actualidade é o cen...

A escola de Seselle

Imaxe
En Galicia temos moi claro o importante papel que desempeñou a emigración no ámbito educativo e a contribución fundamental deste numeroso colectivo na creación da primeira rede escolar na nosa terra. No noso pequeno concello de Ares temos catro fermosos exemplos destas escolas : a Alianza Aresana de Instrucción fundada na Habana en 1904 e que inaugura a escola das Alianzas en Ares en 1908; a Agrupación Instructiva de Caamouco , fundada tamén na Habana no 1911 e que inaugura a escola da Tenencia no 1915; o Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás na Habana e Estados Unidos que inaugura a súa escola no 1925 e por último, a Escola de Seselle , construida coa iniciativa privada dun único emigrante, Gaspar Vizoso Cartelle , e inaugurada no 1931. En Seselle ata o 1931, non houbo escola e a rapazada tiña que ir a Ares; posteriormente na casa dos Duráns, no Froés, deuse escola durante uns anos. A foto desa casa dos Duráns é posterior, da década dos 60, xa en moi mal estado....