Escola habaneira de Roupar
A "Sociedad de Instrucción y Protección Hijos de Roupar" impulsaba no ano 1913 dende A Habana, coa colaboración dos veciños da parroquia, a creación dunha escola que se faría realidade no 1921 e pola que durante 60 anos pasaron numerosas xeracións de alumnos.
No artigo 41 do Regulamento da Sociadade de Instrución, aprobado na Habana o 13 de xuño de 1913 indicábase: "As clases na escola que se construirá en Roupar serán diurnas e nocturnas..." "As materias que se impartirán: Lectura, Escritura, Gramática, Aritmética, Agricultura, Historia, Xeografía, Xeometría, Contabilidade mercantil, Labores Femininas, Correspondencia familiar e doutras ordes, así coma conferencias para adultos sobre Agricultura, Gandeiría, Avicultura, Apicultura, Código Civil,...
Ata os anos 80, o fermoso edificio, funcionou coma escola para pasar a ser Centro Social que recolle múltiples actividades da veciñanza.
Outro edificio da nosa terra que nos lembra a débeda que temos con esas xeracións de emigrantes que loitaban por mellorar a instrución dos seus veciños.
Comentarios
Publicar un comentario