A Campa

A praia de Seselle ou da Campa, hai anos estaba ben separada da praia do Raso e da praia das Regueiras; esta, á sua vez, tamén estaba ben separada da praia do Xuncal en Ares, aínda que con marea baixa pasábase dunha á outra a pé ou con carros que viñan buscar area a Seselle para a construcción. As rodeiras que estes carros marcaron nesas rochas así o atestiguan. As puntas de terra que penetraban no mar separando estas praias foron erosionándose ata case desaparecer. Na actualidade a enseada de Ares, practicamente é esa fermosa cuncha que vemos nas tomas aéreas.
Calquera delas é unha boa elección. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar